Ao ritmo do jazz fusión de Laroá, o venres 18 de agosto volverá a música á praza do Reloxo
O concerto forma parte do programa "Musigal" da Deputación de Pontevedra
Infogauda / A Guarda
O grupo Laroá ofrecerá un concerto o venres 18 de agosto ás 22:30h. no marco incomparable da praza do Reloxo, de A Guarda. A formación musical, nacida a principios do 2016 caracterízase pola procura dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo principalmente das influenzas da música lusófona e de raíz, os seus integrantes, procedentes de distintas latitudes - Galicia, Cataluña, Detroit, París, Portugal, Ámsterdan – e cunha ampla traxectoria musical, exploran novos horizontes nunha viaxe sonora repleta de mesturas e variedade, cuia sonoridade flúe a través do amplo abano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que o conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais.
O concerto que forma parte do programa "Musigal" está pensado para seguir poñendo música as noites guardesas do verán, cunha proposta que asegura a música de calidade, amosando as novas propostas da música feita en Galicia, neste caso definido no estilo propio do grupo Laroá, que sen dúbida merece a pena achegarse a escoitar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario