26 de xul. de 2023

A GUARDA

Concerto de Acouga e Superoito na Guarda

O sábado 29 de xullo, ás 23:00 h., no Centro Social Fuscalho




C.S. Fuscalho / A Guarda

 Este sábado 29, ás 23h, actuarán no Centro Social Fuscalho, da Guarda, as bandas Acouga e Superoito  

 Acouga, unha das bandas revelación do último ano no panorama musical galego, chega desde Pazos de Borbén co seu enérxico hardcore melódico. 

 E desde Ordes, presentando novo disco e celebrando 10 anos de traxectoria, chegan Superoito, unha das bandas referentes do punk rock galego.  

 Unha oportunidade única para desfrutar na Guarda de dúas grandes bandas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario