Aberto o prazo de inscrición para participar no Curso “Empoderamiento e Liderazgo, Marcando o teu Rumbo”
Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño convoca o curso “Empoderamiento e Liderazgo, Marcando o teu Rumbo” dirixido preferentemente a mulleres dentro do Programa Conectadas en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Entre os obxectivos deste curso destacan:
- Empoderar a nivel persoal para ocupar posicións de liderado.
- Amosar técnicas e actividades de autocoidado para incrementar a autoestima das mulleres.
- Fomentar e favorecer perfís de liderado entre as mulleres.
- Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A actividade comeza o mércores día 26 de xullo ata o 7 de setembro, serán os mércores e xoves en horario de mañá de 10:00 a 12:30 h. contando cunha duración de 35 h. e se impartirá no local social da asociación.
As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño, rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º Piso); 36780 (A Guarda), chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 (WhatsApp) ou no enderezo electrónico info@erguete.org deixando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario