8 de set. de 2025

A GUARDA

Lorenzana visitou a gasolineira San Roque na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo 

  O Goberno galego, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) asinaron un acordo que permite que naqueles concellos rurais con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou onte a estación de servizo San Roque 

Foto: X.G.

Infogauda / A Guarda

 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou onte a estación de servizo San Roque situada no concello de A Guarda, na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo ao estar adherida ao convenio de colaboración que asinaron a Xunta de Galicia, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes).  

 Este acordo permite que naqueles concellos do rural galego con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas, que contan con terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración habilitados.  

 Lorenzana explicou que a Xunta puxo en marcha esta iniciativa co fin de ampliar o catálogo de servizos destes establecementos no rural e, tamén, como unha medida para facer fronte ao despoboamento.  

 Estímase que a implantación desta medida nos 290 concellos galegos con menos de 20.000 habitantes alcance nesta lexislatura uns 200 establecementos, a metade das que actualmente están adheridas á Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes).

Ningún comentario:

Publicar un comentario