6 de set. de 2025

TOMIÑO

As Xeiras do IEM: Monte Tetón. Arte rupestre. 

 O vindeiro venres, 12 de setembro, ás 20:00h no Alto do Padrón, no quilométro 12,300 da estrada PO-344 Gondomar-Tomiño (GPS 42º 3'46.55"N  8º 44'40.32"O)




IEM / Tomiño

 O vindeiro venres, 12 de setembro, completaremos o calendario das Xeiras do IEM, 2025 coa visita á área arqueolóxica do Monte Tetón, na parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño. 

 Nesta xeira, guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira, arqueólogo especializado e subdirector do IEM, achegarémonos ás estacións do Real Seco e das Portaxes para contemplar algunhas das que, sen dúbida, son as mellores imaxes gravadas en pedra do mundo: os petróglifos galegos. 

 O punto de encontro será no Alto do Padrón, no  quilométro 12,300 da estrada PO-344 Gondomar-Tomiño (GPS 42º 3'46.55"N  8º 44'40.32"O), ás 20:00h. 

 Seguiremos nos coches pola pista de terra uns 1.800m para continuar a pé os 500m finais. 

 Esta actividade, que contará con intérprete de lingua de signos, terá unha duración aproximada de 2 horas e aínda que o percorrido non supón especial dificultade deberemos salvar un certo desnivel e faremos o regreso xa de noite polo que resulta recomendable levar lanterna, calzado pechado e algunha prenda de abrigo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario