A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ACHEGOU SEUS GRATOS SONS Á CIVIDANS
• Na tardiña de onte venres, na praza de Buxán, dentro do Ciclo Concertos nas parroquias 2025
A continuación a Agrupación Musical de A Guarda fixo un percorrido musical polas BSO (bandas sonoras orixinais), creadas por Ennio Morricone, para filmes do Oeste americano, dos anos 70 do século XX. Así, puidemos gozar con temas como The Ecstasy of Gold (The Good, the Bad and the Ugly), entre outras xeniais obras do compositor e director italiano.
Despois a banda de música interpretaría Piratas del Caribe, de Klaus Badelt.
Seguidamente, a banda ofreceu unha obra de inspiración malagueña, para continuar cunha selección de fragmentos - A Man After Midnight -) de música pop (The Winner Takes It All; Dancing Queen, Gimme! Gimme! Gimme!; Fernando,...) do grupo Abba, que no seu día foron grandes éxitos, e a día de hoxe, ainda permanecen na memoria musical de moitas persoas.
A continuación, Víctor Luis Alonso Treinta, adicou unhas verbas de grata lembranza deica José Luis Lorenzo Rodríguez, unha persoa que estivo na fundación e nos primeiros pasos da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda; que fundou e dirixíu o Coro Arpegios - colectivo que mais adiante pasaría a denominarse Coro Cantábile -; e tamén fundou a dirixiu o Grupo de Acordeóns Mascarenhas, entre outros destacados logros que forman parte da súa impagable achega á cultura musical de noso. Por iso, unha vez máis, na súa honra, a Agrupación Musical de A Guarda interpretou Pasodoble guardés, que o respectable público premiou cunha entusiasta ovación.
Despois viría outra obra de inspiración galega, e a continuación Flashdance • What a Feeling, de Irene Cara.
Xa no último tramo do concerto, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretou a Muiñeira A Pepa, de José Oro Val, e posteriormente Martiñika (pasodoble), de Rogelio Groba Groba e Indalecio Fernández Groba, coa que remataria o concerto, poñendose en pé o público.
Dese xeito, a Agrupación Musical de A Guarda - coa colaboración de algúns voluntarios, como Elena Baz Rodríguez, e Pablo Costas Salinas - correspondeu a simpatía da audiencia, interpretando Mambo nº 8, de Dámaso Pérez Prado, a cuxo termo o público, agradeceu á actuación da banda de música, deixando entre a audiencia moi gratas sensacións.
A vindeira actuación do ciclo Concertos nas parroquias será o día 13 de setembro, ás 18:30 horas, na praza de San Amaro, en Camposancos. En caso de chuvia, á actuación será na Sociedade Os Amigos (Casino de Camposancos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario