O delegado do Goberno en Galicia coñece de primeira man as inquedanzas e necesidades dos veciños e veciñas de Oia
• José Ramón Gómez Besteiro despediuse de Oia coa promesa de voltar próximamente
Infogauda / Oia
Na xornada de onte, xoves día 11 de maio de 2023 celebrouse nun restaurante de Viladesuso, unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.
Neste encontro, aberto a toda a cidadanía, Gómez Besteiro coñeceu de primeira man as necesidades e inquedanzas da cidadanía oiense, nun clima informal e cordial, no que non faltaron tamén as anécdotas ou historias do municipio de Oia.
Gerardo Rodríguez Refojos, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Oia, manifestou a súa ledicia por esta visita do delegado do Goberno en Galicia a Oia, na que aproveitou tamén para tratar temas moi importantes para o municipio, como o saneamento, a sanidade, os transportes, a seguridade vial, entre outras.
José Ramón Gómez Besteiro despediuse de Oia coa promesa de voltar próximamente para tratar máis en detalle certos temas que considerou de “alto calado” e que se terán en conta dende as accións que se realizan dende a delegación do Goberno en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario