ATLETISMO
OURO E RÉCORD GALEGO PARA ÁLEX SIERPES PEREIRA, NOS 1.500 METROS OBSTÁCULOS
E medalla de prata para Alejandro Santos Adrover, nos 3.000 metros lisos no Campionato de Galicia Sub 16 (cadete) de pista aire libre 2023.
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Onte domingo, 28 de maio, as pistas de Elviña, do complexo universitario coruñés, volveu acoller, por segundo ano consecutivo, outro campionato de Galicia Sub16, onde os atletas da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, volveron demostrar por qué é unha escola referente en Galicia no medio fondo e fondo, xa que de novo, os resultados vólveno confirmar, polos seus éxitos acadados, aínda que coas 2 medallas do Sub-18 do sábado, non sendo menos as da xornada do domingo cos Sub-16, xa que regresaron con outra fazaña histórica para o noso club do Baixo Miño.
O atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, volveu facer outro carreiron cunha media de 2´50"´/km nos 1.500 metros obstáculos con ría, proba na cal, xa posuía a mellor marca galega de sempre, lograda en Balaídos apenas hai unha semana. E que este domingo volveu rebaixar un pouquiño máis o seu propio record galego, logrando un novo título de flamante campión de Galicia de pista ao aire libre, parando o crono de 4´16"37 correndo toda a carreira en solitario, rebaixando en máis de 1" o seu propio récord galego de todos os tempos e situándose 3º mellor de España, tendo tan só por diante no ámbito nacional, aos atletas Alejandro Domingo 4´14"21 e Sergio del Barrio 4´14"52.
Por último, na proba dos 3.000 metros lisos, Alejandro Santos Adrover, do Rosal, cun fabuloso crono de 9´51" 78 logrou a medalla de prata e traerse outro subcampionato galego para o concello do Rosal.
En total, o reconto dos pupilos de Javier Sierpes e Patricia Pereira, lograron nesta fin de semana, 4 metais na Coruña nas categorías Sub-18 – Sub-16.
Felicidades a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario