Os socialistas de Oia fan valoración das eleccións municipais 2023
Infogauda / Oia
Despois de rematar á campaña das eleccións municipais do 28M, Gerardo Rodríguez Refojos, candidato á alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE valora o apoio recibido:
"O PSdeG-PSOE de Oia non foi a lista máis votada nestas eleccións, pero logrouse manter o mesmo número de concelleiros que nas pasadas eleccións do ano 2019, 4 concelleiros cun total de 678 votos, o que significa un 34.45% do total de votos rexistrados nesta pasada xornada electoral, dous puntos máis que nas eleccións anteriores".
Para Gerardo Rodríguez "é importante agradecer a todas as persoas que fixeron posible que o PSdeG-PSOE sexa a segunda lista máis votada no municipio, así coma tamén agradecer o labor dos membros da candidatura, pola súa ilusión e esforzo, aos veciños e veciñas que nos acompañaron, amigos, coñecidos… En definitiva, a gran familia socialista de Oia".
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Oia quere "deixar ben claro que quedan por diante 4 anos de traballo na oposición, un labor no que estará acompañado por Cándido Castro, Marisa Giráldez e Américo de Oliveira".
Gerardo Rodríguez aproveita tamén esta ocasión "para dar os parabéns a Cristina Correa polos datos obtidos nos comicios electorais".
Xa para rematar, Gerardo Rodríguez Refoxos, salienta que continuará "defendendo os intereses dos veciños e veciñas de Oia, apostando polo progreso e mellora da súa calidade de vida".
Ningún comentario:
Publicar un comentario