ATLETISMO
CHRISTIAN SIERPES E MARA ROMEU, SUBCAMPIÓNS DE GALICIA DE PISTA CUBERTA AO AIRE LIBRE 2023
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
O pasado sábado, día 27 de maio, as pistas universitarias de Elviña (A Coruña) acolleron o Campionato de Galicia de pista ao aire libre Sub-18 (xuvenil).
En xornada de mañá, o primeiro en conseguir o subcampeonato autonómico foi Christian Sierpes Pereira, que disputou a final dos 2.000 metros obstáculos con ría, na que realizou unha marca de 6´33"39, entrando en meta en segundo lugar, obtendo a medalla de prata galega.
E para finalizar, en xornada de tarde a outra alegría, tróuxoa Mara Romeu Vicente, que participou nos 400 metros lisos, proba na cal fixo a súa mellor intervención de sempre, logrando á mínima persoal, atopándoseen primeiro lugar na última contra recta a meta a falta de 100 metros, cedendo tan só o liderado nas últimos 60 metros, logrando un rexistro de 59"63, e dese xeito gañou a medalla de prata autonómica.
Moitas felicidades aos atletas, e sobre todo aos seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira, que unha vez máis, xuntos conseguen máis éxitos para O Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario