O Concello de A Guarda incorpora dous puntos de recollida para as cápsulas de café “Facemos de un residuo un recurso”
• O concello tamén pon a disposición dos veciños o sistema de recollida de voluminosos, o cal para solicitalo deben chamar o concello o 986 61 00 00 e solicitar o servizo
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda vén de incorporar dous puntos de recollida de cápsulas de café. Esta iniciativa parte da petición cidadá de ter un lugar onde poder deixalas para que posteriormente sexan recicladas tanto o envase como o café do seu interior.
A maioría das cápsulas de café están compostas de aluminio, que é un material que se pode reciclar infinitas veces, e as que son de plástico que tamén se poden reciclar, o café que incorporan as cápsulas é usado para facer compost xa que é materia orgánica estupenda pra este fin, así pechamos o ciclo e estamos un pouco mais cerca dun modelo de economía circular dos nosos residuos.
Un dos puntos de recollida será a praza de abastos, así os veciños teñen un lugar céntrico onde poder deixar as súas cápsulas usadas, O outro lugar onde poder deixalas é o Punto Limpo do concello.
“Queremos aproveitar a ocasión para recordarlle a os veciños que o Punto Limpo do concello está a súa disposición, na Sangriña, o lado da piscina municipal, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 e os sábados de 8:30 a 13:00, e non é necesario cita previa”, indican desde o Concello.
Recollida de voluminosos
O concello tamén pon a disposición dos veciños o sistema de recollida de voluminosos. Para solicitalo deben chamar o concello, ao teléfono 986 610 000 e solicitar o servizo. Este depende da disposición de persoal, pero adoita ser semanal. O persoal avisa aos veciños e veciñas un ou varios días antes de cal vai será o día de facer a recollida, debendo na véspera da data indicada, deixar as cousas na rúa, sen entorpecer o fluxo de vehículos nin de persoas, ou ao carón dos contedores mais próximos.
Os voluminosos deben estar na rúa ás 7:30 da mañá podendo deixalos a partir das 22:00 horas do día anterior, e os operarios pasarán ao longo da mañá para facer efectiva a súa retirada.
Desde o concello indican tamén “que non se recolle nin entullo nin restos de poda. Para este tipo de residuos debe ser o propietario o que os traslade o punto limpo: So se recollen mobles ou aparellos de gran volume”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario