26 de maio de 2023

A GUARDA

ESPAZO COMÚN DEFENDE Á IMPORTANCIA DAS PEQUENAS COUSAS, MÁIS ALÓ DE GRANDES PROXECTOS UTÓPICOS


 

Celso Rodríguez Fariñas e María Sofía Vicente Álvarez, no acto de peche de campaña que Espazo Común de A Guarda celebrou hoxe


Infogauda / A Guarda

 A candidatura Espazo Común de A Guarda, que encabeza Celso Rodríguez Fariñas, vén de pechar su campaña cun acto celebrado no Casino da vila. De todo o pronunciado nese evento imos transcreber á intervención realizada por María Sofía Vicente Álvarez, candidata nº 2 de Espazo Común:
 
 "Gustaríame empezar a miña intervención sinalando a importancia das pequenas cousas, dos detalles que nos melloran a vida no día a día, máis aló de alardes sobre grandes proxectos utópicos. 
 
 Pequenas cousas que necesitamos e que desde Espazo Común, con Celso Rodríguez Fariñas á cabeza, traballaremos por conseguir. Por exemplo máis papeleiras, limpeza de rúas, roza de camiños, arranxo de baldosas para evitar caídas, reparación das pasarelas de madeira, arranxo de varandas oxidadas e carcomidas desde hai anos para mellorar o aspecto do noso pobo, para ter un pobo para vivilo e gozalo  
 
 Desde Espazo Común queremos apoiar o deporte base, para que os nosos deportistas saiban e sintan que cremos neles.  
 
 Tamén somos conscientes da necesidade de que o concello abra polo menos dous días á semana pola tarde para que as persoas que traballan pola mañá tamén poidan realizar as súas xestións. 

 Queremos mellorar o aparcamento público, que os cidadáns nos sintamos máis seguros aumentando o número de policías locais e ampliando o horario de servizo. 

 Repito, pequenas grandes cousas. 

 Para conseguir isto e moito máis, pídovos o voto, para que se nos dea a oportunidade de demostrar que hai outra maneira de facer política a nivel local, sen presións de Madrid, Santiago ou Pontevedra. Política local a favor dos veciños da Guarda. 

 Durante estes días de campaña notei o agarimo dos guardeses, desexáronme sorte e agradézoo de corazón. Con todo, o que necesitamos son votos, votos que nos permitan poñer en práctica nosas ideas e demostrar que somos diferentes, que non queremos subirnos o soldo senón baixalo, que non prometemos grandes infraestruturas para adornar o noso programa electoral. Que vimos con ganas de traballar, que tamén pensamos ao grande pero que temos que empezar polas pequenas cousas, cos pés na terra e sendo realistas. 

 Sei que coa vosa colaboración conseguirémolo, por iso pídovos o voto para Espazo Común. Contádello a familiares e amigos, non hai como o boca a boca, sobran os carteis polas rúas. Aquí coñecémonos case todos. 
 
 Estamos na Guarda, somos A Guarda, permítenos traballar por ela!!!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario