I XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA
• Os días 27, 28 e 31 de marzo
Infogauda / A Guarda
Organizadas pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, o IES A Sangriña e Concello de A Guarda, os días 27, 28 e 31 de marzo, vanse celebrar as I Xornadas de Memoria Histórica.
No IES A Sangriña, para o alumnado, será ás 12:20 h.; e para o público en xeral, os días 27 e 28 na Casa dos Alonso, e o día 31, ás 20:00h., no Centro Cultural da vila.
Estas xornadas estarán a cargo de:
Día 27:
José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", e Beatriz Lis, versarán sobre o Memorial de Camposancos, e testemuños e documentos para dar voz á verdade.
Día 28:
Xesús Alonso Montero, membro da Real Academia Galega e catedrático emérito de Literatura galega, da Universidade de Santiago de Compostela, falará das Cartas de republicanos galegos do Baixo Miño condenados a morte no 1936.
Día 31:
O doutor Fernando Serrulla Rech, licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Valladolid, máster en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada, e presidente da Asociación Galega de Médicos Forenses (AGMF), tratará sobre Antropoloxía forense e dereitos humanos.
Nota da Redacción de Infogauda:
Como queira que un membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás vén de facilitarnos novo cartel cun cambio de data, decidimos facer a correspondente modificación actualizando á información que habiamos publicado inicialmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario