Apertura da inscrición nos obradoiros de conciliación durante Semana Santa
• Que organiza o Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A concellaría de Igualdade do Concello de A Guarda abrirá o venres 17 de marzo o prazo para solicitar praza para os obradoiros Conciliaguarda.
Estes obradoiros de tempo de lecer para crianzas teñen carácter gratuíto e como obxectivo principal van dirixidos a facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo de Semana Santa, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das actividades que se realicen.
DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS
Os obradoiros terán lugar no Centro Cultural de A Guarda, os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023 (non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa) en horario de 8:30 a 14:30h. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario reducido de 9:00 a 14:00h.
PARTICIPANTES
30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello de A Guarda**,
*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas.
**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.
No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, solicitarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.
INSCRICIÓNS
Presencialmente no Rexistro do Concello de A Guarda ou na sede electrónica, desde o día 17 ata o 24 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e axuntar cuberta a ficha de inscrición Conciliaguarda que se pode atopar na web municipal.
Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 28 de marzo ás 13:00 h no vestíbulo do Concello de A Guarda (Casa dos Alonso).
O listado de crianzas admitidas será publicado na web do concello e no taboleiro de anuncios da Casa dos Alonso, e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.
Para máis información pórse en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de A Guarda: teléfono 986 614 648 / enderezo electrónico: muller@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario