Apertura das solicitudes para a reserva de prazas na Escola Infantil Municipal de A Guarda
• Para o curso 2023/2024
Infogauda / A Guarda
O departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa que do 20 de marzo ata o 11 de abril, a Escola Infantil Municipal abrirá o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de prazas para o curso 2023/2024.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes por sede electrónica ou nas dependencias municipais.
Para maior información dirixirse o departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda no teléfono 986 614 507.
Ningún comentario:
Publicar un comentario