FEIRA DE EMPRENDEMENTO NO IES A SANGRIÑA
• Celebrarase o 15 de Marzo, de 9:00 a 14:00
Ana Adán Míguez* / A Guarda
O Ministerio de Inclusión Social a través de Axuda en Acción implementa o programa Emprende en 51 centros de FP de Galicia, Estremadura e Andalucía.
Baixo o lema "Cambiar o presente, Garantir o futuro", o programa piloto traballa de forma transversal en diferentes compoñentes:
1. Orientación vocacional e profesional .
2. Adquisición de competencias craves e dixitais.
3. Espazo Maker.
4. Relación coa contorna.
Actualmente, estamos a pechar o Espazo Maker e farémolo o 15 de Marzo, de 9:00 a 14:00 coa Feira de Emprendemento que terá lugar no vestíbulo do IES A Sangriña na Guarda. Durante este evento, o alumnado dos Ciclos de FP presentará os prototipos creados durante o itinerario Maker, para poder testealos.
Os proxectos que se presentan teñen unha base social, non pretenden ser modelos de negocio, senón que buscan o impacto positivo nas persoas da contorna próxima do estudantado.
* Asesora de emprendemento no IES A Sangriña dentro do programa Emprende.
Ningún comentario:
Publicar un comentario