O Concello de A Guarda celebrará a XIV Gala do Deporte
• O venres día 10 de marzo, ás 20:30h, no salón de actos do Centro Cultural da vila
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural da vila de A Guarda acollerá o vindeiro venres día 10 de marzo, ás 20:30 horas, a celebración da XIV edición da Gala do Deporte.
Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, clubs e entidades deportivas de A Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
A gala, que será presentada polo xornalista Terio Carrera, están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais de A Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.
“Esta edición será a gran festa do deporte na que se vai a recoñecer o traballo, esforzo e implicación dos clubs, entidades deportivas e deportistas individuais.
Queremos que o deporte guardés viva e desfrute dun gran evento para visibilizar o enorme traballo desenvolvido, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva. Seguir promocionando o deporte aporta múltiples beneficios á sociedade guardesa”, afirmou Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes,
Ningún comentario:
Publicar un comentario