25 de ago. de 2025

A GUARDA

 CONCERTOS NAS PARROQUIAS, 2025

 Coa banda de música Agrupación Musical de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Musical de A Guarda organiza unha nova edición dos Concertos nas parroquias, iniciativa que en 2024 tivo unha gran acollida.  

 O primeiro concerto está programado para o vindeiro venres, 29 de agosto, ás 20:00 horas, na praza de Salcidos.

 Posteriormente haberá outros dous. Un o día 5 de setembro, ás 20:00 horas, na praza de Buxán; e outro o día 13 de setembro, ás 19:00 horas, na praza de San Amaro, en Camposancos. 

 Concertos nas parroquias, 2025 conta coa colaboración do Concello de A Guarda.

 A ver se a climatoloxía é propicia, de modo que toda á cidadanía poida gozar deste ciclo de concertos que a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda ten previsto realizar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario