6 de mar. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Os atletas da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) sacan peito no Campionato de Galicia de campo a través en idade escolar 2023 

 Campións galegos individuais; Álex Sierpes Pereira e Sergio Silva Souto 

 E ouro por equipos sub-16 masculino (cadete): Álex Sierpes Pereira, Alejandro Santos Adrover, Eric Riós Rosario e Darío Carreiro Pérez


Podio de Álex Sierpes Pereira
Podio de Sergio Silva Souto


Sociedade Atlética do Trega

 O pasado sábado, en xornada de mañá, o piñeiral e as inmediacións da praia de Cabío, en Pobra do Caramiñal, foi a éxtase do punto final do programa Xogade de Cros. 

 Esta andaina empezou no mes de novembro do pasado ano coas súas respectivas clasificatorias territoriais zonais, completando máis tarde a segunda fase que albergaría os provinciais de selección de cada provincia galega, ata chegar a este colofón final de traca. 

 Para que os lectores desta noticia entendan, que quizais sexa a disciplina que máis volume mobiliza tan grande número de licenzas participantes nun evento onde se filtran máis de 18.000 escolares tan só na provincia de Pontevedra, entendendo o gran valor cuantitativo e de prestixio que ten este programa, para desenvolver e lograr que se involucren todos os centros escolares posibles na participación, sabendo a dificultade que ten conseguir un billete para lograr chegar ata aquí. 

 Aínda así o noso club perdeu moitas disciplinas polo camiño, pero a pesar da adversidade logramos meter a 9 atletas do Baixo Miño. 

 A organización foi de 10, a cargo do club amigo Asociación Atlética da Barbanza, co control das carreiras  os xuíces da Federación Galega de Atletismo  o apoio institucional do concello da Pobra do Caramiñal, e da Secretaría do Deporte, da Xunta de Galicia. 

 As intervencións máis importantes da nosa escola de base de Tomiño, a nivel individual foron as seguintes: 

 A primeira alegría e  foi a cargo de atleta tomiñés que estuda no C.P.I.P de Sobrada (Tomiño),  Sergio Silva Souto, na categoría alevín masculina onde percorreu unha distancia de 2.000 metros aproximadamente, no precioso, duro e esixente circuíto de Cabío, con continuas subidas e baixadas, xiros e quebros, onde  de principio a fin de toda a proba Sergio viuse controlando o grupo de cabeza, facéndose coa vitoria sen maior apuro nin problema, conseguindo así o ouro autonómico na categoría alevín. 

 A segunda medalla de ouro logrouna Álex Sierpes Pereira, que segue a súa formación académica no colexio plurilingüe PP, Somascos, de A Guarda. Desta vez, ao atleta guardés tocoulle correr 3.000 metros de distancia, aproximadamente, e sen moito apuro, fíxose unha vez máis, co título galego, e clasificándose para o Campionato de España, do Consello Superior de Deportes en idade escolar de Autonomías que se vai a celebrar os días 18 e 19 deste mes en Pamplona. Destacar a casualidade que á mesma hora o seu irmán Christian estaba noutro Campionato Galego, celebrado en Vigo, conseguindo a prata en 5.000m.    


Podio de campións galegos por equipos
Os membros do equipo de cadetes coas súas respectivas medallas de ouro

Atletas que acadaron as súas respectivas medallas


 E o último título foi o de campións galegos por equipos, na categoría de cadetes, onde Sierpes liderou a expedición do conxunto tomiñés formado  polos seguintes integrantes: o rosaleiro, Alejandro Santos Adrover, que rexistrou unha maxestosa e sobresaliente actuación ao tratarse dun atleta novel na categoría, o cal logrou meterse en 5º lugar, mozo que estuda en colexio San José Carmelitas, de A Guarda. E pechando a puntuación do equipo,  o tomiñés novel, Eric Ríos Rosario, alumno do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, entrando en meta nunha meritoria 26ª posición sumando 32 puntos no computo final, seguido polos equipos Marineda Atlético  (A Coruña) 2º lugar; e C.P Purísima Ourense 3º posto. 

 E o último compañeiro de equipo Darío Carreiro Pérez, alumno do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, que acadou o posto 62º da xeral, a pesar de non axudar na puntuación ao equipo, xa que só puntuaban os 3 primeiros. 

 Para rematar indicamos as demais intervencións e non menos importantes das nosas novas promesas: 

Alevín feminino: 

Alba Vasconcellos Rodríguez, 7ª clasificada (CEIP A Sangriña – A Guarda); Zoe Rodríguez Martínez, 14ª clasificada (Colexio San José HH, Carmelitas, de A Guarda) 

Cadete feminino: 

Helia Alonso Romero, 12ª clasificada (IES San Paio - Tui), Paula Rocha Bautista, 16ª  clasificada (IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño).

 Con estes resultados tan destacados o noso club pon en manifesto e certifica, o por que, tan só hai unha semana na Gala do Deporte de Tomiño recibimos os premios ao Mellor Club de Base e ao Mellor Adestrador. 

Felicidades a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario