22 de ago. de 2025

SALCEDA DE CASELAS

EXHUMACIÓN FOXA SOUTELO

 Proxección do vídeo resumo dos traballos de exhumación, e presentación dos resultados da análise antropolóxica a cargo de Fernando Serrulla

  Martes, 26 de agosto, ás 19:00h no Auditorio Municipal



Ricardo Rodríguez Vicente / Salceda de Caselas 

 A Comisión da Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, xunto co Concello de Salceda de Caselas, convidan á toda á cidadanía ao acto de proxección do vídeo resumo dos traballos de exhumación na foxa de Soutelo, e a presentación dos resultados da análise antropolóxica a cargo de Fernando Serrulla. 

 Será o martes, día 26 de agosto, ás 19:00h no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.

Fernando Serulla Rech

 Fernando Serulla Rech (Madrid, 1959). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Valladolid e Máster en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada, realizou a Tese Doutoral ‘Antropología Forense de la Guerra Civil Española’ no Laboratorio de Antropoloxía do Departamento de Medicina Legal, Toxicoloxía e Antropoloxía Física da Universidade de Granada. 

 O Dr. Fernando Serrulla Rech, é Médico Especialista en Medicina Legal e Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Subdirección Territorial de Ourense), e exerce de forense en Verín. Súa presenza en Salceda de Caselas ten relación directa coa súa participación no proceso de exhumación da foxa de Soutelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario