28 de xan. de 2023

DEPORTES

REMO ERGOMETRO


DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, CONQUISTA  EN PARÍS, O OURO E O BRONCE

 NO CAMPIONATO EUROPEO DE REMO INDOOR 2023 

Damián Alonso Alonso, pletórico coas súas medallas de ouro e de bronce, que vén de lograr en París, no Campionato Europeo de Remo Indoor
Foto: Cedida


Ricardo Rodríguez Vicente / París (Francia)

 Nas xornadas de onte día 27 de xaneiro de 2023, e na deste sábado día 28, estáse celebrando en París (Francia), o Campionato Europeo de Remo Indoor.

 Nese importante evento do remo ergómetro participou, unha vez más, Damián Alonso Alonso, de A Guarda, que vén de lograr a medalla de ouro, na proba de 500 m., categoría LM 40-49, disputada no día de onte, facendo un crono de 01:25.7, e superando aos seus máis directos rivais, Tysson Whitt, de Estados Unidos de América, que fixo un rexistro de  01:26.0, e o francés Romain Chastel, que fixo un tempo de  01:27.5.

  Na súa estadía en La Ville Lumière (A Cidade da Luz), Damián Alonso Alonso tamén logrou a medalla de bronce, na proba de 2000 m., categoría LM 40-44, disputada no día de hoxe, na que fixo un rexistro de 06:37.0. Nesa regata o 1º posto foi para Brice Menet, de Francia, cun crono de 06:31.4, e o 2º posto acadauno Václav Válek, da República Checa, cun tempo de 06:32.7

 Parabéns para Damián Alonso Alonso, por eses dous novos e importantísimos logros deportivos que súmanse a seu amplo palmarés. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario