5 de xan. de 2023

A GUARDA

O BNG RECLAMA REUNIÓN URXENTE  DA XUNTA DE  PORTAVOCES PARA VALORAR OS DANOS DO TEMPORAL E AS MEDIDAS A TOMAR   

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do Grupo Municipal do BNG):”As distintas administracións deben implicarse na solución dos danos provocados polo temporal”  


Anxo Lois Baz Vicente, portavoz do Grupo Municipal do BNG. no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BNG de A Guarda reclama ao alcalde a convocatoria urxente da xunta de portavoces municipais para valorar os danos provocados polo temporal na localidade, así como para definir as medidas a tomar para solucionalos no menor tempo posíbel.  

 O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente considera que “as distintas administracións deben implicarse na solución dos danos provocados polo temporal para  reparalos  na maior brevidade posíbel”. 

 O nacionalista tamén reclama “ao Goberno central e a Xunta de Galiza, que abran procedementos de urxencia que faciliten todas as tramitacións e axilicen  a reparacións dos desperfectos derivados dos asolagamentos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario