5 de xan. de 2023

TOMIÑO

OS REIS MAGOS SAUDARON AS NENAS E NENOS DE TOMIÑO

Ao longo da noite de hoxe levarán agasallos a todos os fogares







Reportaxe fotográfica: Gustaco Rivas

Ricardo Rodríguez Vicente / Tomiño

 Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente xa están en Tomiño. Poidémolos ollar esta noitiña polas animadas rúas da vila e posteriormente nunha carpa onde foron recibidos pola alcaldesa Sandra González Álvarez, que en nome do Concello saudoulles e deulles á benvida, a Melchor, Gaspar e Baltasar. 

 Ante a boa acollida que tivo o pasado ano, nesta ocasión a comitiva real volveu a percorrer todas as parroquias do municipio, ao longo desta tarde festiva, na que as diferentes treboadas do Concello amenizaron as rúas con música dende ás 17:00 horas.

 Os reis e paxes repartiron caramelos, xogos e participacións para un sorteo de agasallos entre as e os máis pequenos.

 A continuación os Reis Magos recibiron as nenas e nenos tomiñeses, en cuxos fogares deixarán agasallos ao longo da vindeira madrugada, que poderán abrir na mañá do Día de Reis, ceibando dese xeito toda a emoción contida ao longo de moitos meses de ilusión. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario