8 de xul. de 2022

A GUARDA

A GUARDA CONMEMORARÁ A FESTIVIDADE DE "SAN BIEITO DO VRÁN"  

• Numerosos devotos de toda a comarca acudirán o luns día 11 de xullo, o santuario de A Guarda


Retabro barroco coa imaxe de San Bieito
Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda   

 Con eucaristías ás 9:30, ás 11:00 (solemne) e ás 19:00 horas, respectivamente, na igrexa que pertenceu o mosteiro bieito da Transfiguración do Señor, fundado en 1558 polos irmáns Ozores e Sotomayor e Mayor de Zúñiga, situado fronte a Chán de Conde - predio que foi dos Condes de Priegue -; a vila de A Guarda celebrará este luns día 11 de xullo, a festividade de San Bieito “do vrán”.  

 O rematar cada unha das misas os fieis que así o desexen poderán mercar a medalla-crucifixo de San Bieito abade, de orixen moi antergo. O deseño desa medalla foi fixado polo Papa Benedicto XIV. Dunha parte leva a imaxe de S. Bieito que tén na mán unha cruz e na outra, unha cruz máis grande con varias letras. 

 No anverso leva a efixie do santo, coa cruz na mán dereita e a Regra na mán esquerda; a súa dereita unha copa de onde fuxe unha cobra (lembranza do viño enveleñado do que o santo salvouse miragosamente); a esquerda un corvo lévase o pan enveleñado. Por debaixo poden lerse as seguintes verbas: "EX S.M. CASINO MDCCCLXXX" (Do Sacro Monte Cassino 1880). A ambos os dous lados "CRUZ SANCTI PATRIS BENEDICTI" (Cruz do S. Pai Bieito). Ao redor da imaxe: "EIUS IN OBITU NOSTRO PRAESENTIA MUNIAMUR" (Que nos defenda na nosa morte coa súa presenza)".     

 "A medalla de S. Bieito emprégase para tódalas necesidades espirituais e temporais, a condición que se use con esprito de fe. Esta medalla - que debe ser abenzoada por un sacerdote ou por un diácono - é eficaz contra as epidemias, os veleños, algunhas enfermedades especiais e contra os maleficios e as tentacions do demo", dixo a este cronista unha devota de San Bieito, que coida con esmero o santuario.     

 Ademáis de estar considerado o Patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita e a vez, Padroeiro dos exorcistas; San Bieito conta na nosa localidadade con numerosos devotos de toda a comarca do Baixo Miño. Non en van, A Guarda honra a San Bieito en dúas ocasions ó longo do ano. A primeira delas, o 21 de marzo, e coñécese popularmente como a festividade de "San Benitiño do inverno", e a segunda, tén lugar cada 11 de xullo e chámase "San Benitiño do vrán".     

 En ambas as dúas ocasións, os devotos ofrécenlle ó santo esmolas e exvotos de cera, representando diversos membros humanos, e incruso corpos completos, co fin de obter os numerosos beneficios que segundo a fe popular adoita conceder o popular santo, nado no ano 480 nos Montes Sabinos, preto de Roma.     

 A San Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermidades, especialmente as espullas e males relacionados coa pel. A tradición dí que para elimina-las espullas hai que ter fe en San Bieito e apricar un pouco de aceite do lampadario do santo que se distribúe entre seus fieis.

A GUARDA

MOSTRA FILATÉLICA

XXVI ExfiMiño

Do 21 ao 25 de xullo de 2022, na casa parroquial de A Guarda





A GUARDA

O monte Santa Trega conta con catro visitas guiadas diarias de martes a domingo  

Ao longo dos meses de xullo e agosto. 

Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no teléfono 690 017 038 (tamén WhatsApp) ou un correo a masat@aguarda.es  


Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local, e Rafael Álvarez Martínez, concelleiro de Turismo, amosando o cartel das visitas guiadas ao Monte Santa Trega

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 As visitas guiadas ao Monte Santa Trega que se ofrecen dende o Padroado Municipal Monte Santa Trega para que os visitantes e veciños podan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte, disporán nos meses de xullo e agosto de ata catro visitas diarias, de martes a domingo.  

 Neste ano 2022 recupérase a ampla oferta de visitas guiadas, que xa comezou no mes de xuño e que rematará no mes setembro.   

 Para Rafael Álvarez Martínez, concelleiro de Turismo, é importante promocionar e pór en valor o Monte Santa Trega e os seus xacementos arqueolóxicos, así coma o  Museo Arqueolóxico do monte Santa Trega (MASAT), para que os nosos visitantes coñezan todo o patrimonio e a historia dos noso antepasados.” 

 Indicou Rafael Álvarez, que “as visitas guiadas deste verán ao Monte Santa Trega, contan cun guía local, experto en historia que traslada os seus coñecementos en cada visita dun xeito sinxelo e animado para que os participantes se “embriaguen” da cultura castrexa e o patrimonio do noso municipio.”  




 A oferta das visitas amplíase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con 4 visitas ao día, de martes a domingo (ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h), polo que a oferta de visitas guiadas amplíase para que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe.  

 Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro do monte Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao Museo Arqueolóxico do monte Santa Trega (MASAT).  

 Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos, como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,...  

 As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no teléfono 690 017 038 (tamén WhatsApp) ou un correo a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.  

 A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

A GUARDA

Ante as previsións de seca  

O concello de A Guarda chama á cidadanía a facer un uso responsable dos recursos hídricos 




Infogauda / A Guarda

  No día de hoxe, venres 8 de xullo de 2022, o Equipo de goberno municipal fixo público o seguinte comunicado:

 "A auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello de A Guarda, queremos apelar á cidadanía a  facer un consumo responsable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas. 

Que podemos facer nós para aforrar auga? 

No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar a auga. 

Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente. 

No váter: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade. 

Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non a está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos e lavados innecesarios. 

Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos. 

Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións 

Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza e recirculado  para evitar o seu baleirado e posterior enchido. 

•      Coche e terrazas: Evitar malgastar auga no lavado dos cohes e no baleirado das terrazas e balcóns. Cada un de nós podemos facer moito para ter a calidade e cantidade de auga que precisamos. 

 Dende o Concello de A Guarda se pide á poboación que extremen as precaucións no uso deste ben. Faise preciso adoptar medidas de aforro e uso responsable da auga xa que a estas alturas do verán, todos os modelos meteorolóxicos apuntan a que este verán vai a ser moi seco, co cal todas as precaucións son poucas para evitar cortes de auga. Hai que ter en conta que nestas datas e ata outubro a nosa vila ten un incremento de persoas importante co gasto de auga que iso ocasiona, por todo iso pedimos a colaboración de todos e todas."

CAMINHA

“Reabilitação da Rede Hidrográfica do Troço Terminal do Rio Coura” vai a concurso com investimento previsto superior a 2.6 milhões de euros 

Presidente da Câmara garantiu, no final de abril do ano passado, financiamento de 1.5 milhões de euros


 Ponte ferroviária de Caminha
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 Uma grande intervenção para a “Reabilitação da Rede Hidrográfica do troço Terminal do Rio Coura”, num investimento global estimado de mais de 2.6 milhões de euros, está pronta para concurso público e a abertura do procedimento foi esta semana aprovada em reunião do Executivo. O Presidente da Câmara Municipal de Caminha garantiu, no final de abril do ano passado, financiamento de 1.5 milhões de euros (o montante total da parte elegível) para poder avançar com este projeto, que, entretanto, foi delineado e deverá ser agora submetido a Assembleia Municipal.

 “Trata-se de uma obra complexa do ponto de vista da intervenção e do equilíbrio de interesses. A parte mais difícil era arranjar financiamento e esse, em parte, está garantido. Agora é importante dialogar com as Juntas de Freguesia por onde passa o troço, com os proprietários dos terrenos, com os caçadores que usam parte daquela zona e com as entidades que supervisionam as intervenções junto ao curso do rio. É isso que faremos tendo por fito a realização de uma obra fundamental para preservação da biodiversidade, limpeza das margens do rio Coura e para que as pessoas conheçam uma das mais belas paisagens que temos no Alto Minho”, explica o Presidente da Câmara Municipal, Miguel Alves.


Fonte: Câmara Municipal de Caminha

 Esta é uma operação REACT-EU - Recovery Assistance for Cohesion and the Territories of Europe (Assistência de Recuperação para a Coesão e os Territórios da Europa). Trata-se de uma iniciativa que dá continuidade e alarga as medidas de resposta a situações de crise e de reparação de crises dadas pela Iniciativa de Investimento de Resposta à Crise do Coronavírus (CRII). Esta iniciativa contribuirá para uma recuperação ecológica, digital e resiliente da economia.

 O Concurso Público para a “Reabilitação da Rede Hidrográfica do troço Terminal do Rio Coura” será publicitado no Jornal Oficial da União Europeia. O projeto insere-se na operação FEDER, com taxa de cofinanciamento de 100% sobre o investimento elegível no valor de 1.5 milhões de euros (garantido como referimos em abril de 2021). O preço base do procedimento é de dois milhões, sessenta e quatro mil, quinhentos e trinta euros, acrescido de IVA à taxa legal de 6%, o que eleva o investimento total previsto a mais de 2.6 milhões de euros.

 A empreitada de valorização paisagística inclui a estabilização de ambas as margens deste importante curso de água com recurso a técnicas de engenharia natural; recuperação de zonas da galeria ripícola; eliminação de manchas de espécies exóticas invasoras e plantação de espécies autóctones (árvores, arbustos, caniçais e hidrossementeiras e sementeiras naturais de prado); monitorização do estado das massas de água da área de intervenção, colocação de caixas-abrigo para morcegos e caixas-ninho para aves; criação de percursos pedestres em zona de margem, como regularização da visitação e proteção da galeria ripícola; reordenamento do estacionamento na zona do Cais do Pego e o seu recuo para o campo de jogos de Venade com a colocação de mobiliário urbano diverso, como barreira para impedimento de tráfego viário e suportes de estacionamento de bicicletas; colocação de painéis informativos sobre os valores naturais presentes, mesas com bancos e estrutura de sombreamento; criação de circuitos de natureza na margem esquerda do Rio Coura, numa extensão de 7.095 metros, desenhando um corredor ecológico entre a ponte ferroviária de Caminha e a ponte rodoviária de Vilar de Mouros.

CAMINHA

Ação de Sensibilização - Consumos Alcoólicos em Estabelecimentos de Diversão Noturna 


Ação da CPCJ de alerta e sensibilização que decorreu na, vulgarmente, conhecida por Rua Direita, em Caminha
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A CPCJ de Caminha, na passada noite de 02 para 03 de julho de 2022, aliou-se à iniciativa promovida pelo Comando Territorial de Viana do Castelo, através do Destacamento Territorial de Viana do Castelo, que se traduziu numa ação de alerta e sensibilização e que decorreu na, vulgarmente, conhecida por Rua Direita, em Caminha.

 Aquando da apresentação desta iniciativa nas várias Reuniões de modalidade Alargada da CPCJ de Caminha pela parte do Sr. Capitão Pedro Costa e do 1º Sargento Henrique Soares, esta Comissão de imediato a acolheu com grande espectativa e, até, congratulando-se pela realização da mesma, dado o número crescente de jovens e crianças que nos últimos anos vêm revelando situações de consumos excessivos de bebidas alcoólicas em estabelecimentos de diversão noturna situados nesta rua de Caminha.

 Em articulação com os agentes da GNR destacados para esta ação e acompanhados pela Sra. Vereadora Sandra Fernandes, as comissárias desta CPCJ presentes abordaram mais de uma centena de jovens que se encontravam na possibilidade ou em clara atitude de consumo de bebidas alcoólicas.

 Com contactos bastante próximos e coloquiais, os jovens foram sendo informados, entre outras questões, dos riscos inerentes ao consumo das bebidas alcoólicas e das possíveis consequências legais dos seus atos.

 Numa tentativa de abordagem do problema desde a sua génese, foram ainda feitos contactos próximos e sempre com carácter pedagógico e de informação, junto dos proprietários dos estabelecimentos de diversão noturna e dos pais presentes, apelando a um maior envolvimento e responsabilização destes na solução do problema e do controle das situações, que cada vez se vêm revelando mais frequentes.

 Lamentavelmente, o número de jovens do nosso Concelho e dos Concelhos vizinhos com consumos alcoólicos e de outras substâncias, especialmente em contexto de diversão noturna, tem vindo a aumentar e a revelar-se cada vez mais frequentes e acentuados, acarretando o surgimento de outras problemáticas e situações de perigo e risco para o seu desenvolvimento pessoal e na relação com a comunidade em geral.

 De uma forma geral, todos os jovens, proprietários de estabelecimentos, pais e outros adultos abordados demonstraram uma atitude de total recetividade e de interesse pela informação que lhes foi prestada, revelando desconhecimento e alguma surpresa nos esclarecimentos que foram prestados.

 Isto só se revelou possível e com claro sucesso, graças ao tipo de atuação e intervenção cuidada e atenta recorrendo ao discurso acertado e adequado às faixas etárias e aos diferentes destinatários das mensagens que se tentaram passar.

 A proximidade dos meses de Verão e a previsão do aumento de jovens no nosso Concelho a frequentarem os estabelecimentos noturnos, com consequente aumento de consumo de bebidas alcoólicas, tornou esta iniciativa ainda mais significativa e de extrema necessidade, em prol das gerações jovens, da comunidade em geral e da oferta do nosso Concelho aos “nossos” e aos que nos visitam.

 A CPCJ de Caminha agradece a todos os envolvidos e promotores desta ação de Sensibilização e Consciencialização, aguardando que as mesmas se possam repetir, face à enorme importância que o assunto merece!

TOMIÑO

Pazo de Valdomiño de novo protagonista nas Catas de Galicia 2022  

A destilería afincada en Goián acapara catro dos seis galardoes da categoría de augardentes e licores  

Conseguiu un ouro e dúas pratas cos augardentes e licores de Fonte do Frade e un primeiro posto con Pazo de Valdomiño  


Miguel Oliveira Ortega, de Pazo de Valdomiño, cos premios acadados na XXIV Cata de augardentes e XI Cata de licores tradicionais de Galicia

Redacción / Tomiño

 Éxito rotundo de Pazo de Valdomiño nos premios da XXIV Cata de augardentes e XI Cata de licores tradicionais de Galicia, que distingue aos mellores produtos das Denominacións de Orixe tras varias xornadas de cata na que profesionais do sector testaron máis de 350 referencias de viños e preto de 40 augardentes e licores. 

 Un ano máis, os augardentes e licores elaborados por Pazo de Valdomiño foron os grandes triunfadores na entrega de premios celebrada en Boqueixón, repetindo o éxito de edicións anteriores e copando catro dos seis galardóns da categoría. Así, fíxose co Pote de prata polo augardente de Fonte do Frade, mentres que na cata de licores conseguiu o ouro polo de café de Fonte do Frade e fixo dobrete no de herbas co seu ouro por Pazo de Valdomiño e a súa prata con Fonte do Frade. 

 Desde a destilería Miguel Oliveira Ortega afirma: “Non podemos estar máis contentos e orgullosos por estes premios que supoñen un recoñecemento ao noso traballo e a nosa filosofía de aposta pola calidade”.  

 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu á entrega duns premios que o goberno autonómico organiza da man das denominacións de orixe e indicación xeográficas protexidas que contou coa presenza tamén do conselleiro de Medio Rural, José González, e da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. Durante a gala púxose de manifesto a transcendencia do sector vitivinícola no desenvolvemento económico e social de Galicia. 

MOS

Eu Rural presentará de novo a súa candidatura para ser Grupo de Desenvolvemento Rural 

A asociación, que busca así continuar colaborando coa medida LEADER Galicia, xa está traballando na vindeira Estratexia de Desenvolvemento Rural para o período 2023-2027  


A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural presentará a súa candidatura para volver ser Grupo de Desenvolvemento Rural no novo período 2023-2027

Foto: EuRural

Infogauda / Mos

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural presentará a súa candidatura para volver ser Grupo de Desenvolvemento Rural no novo período 2023-2027. Unha vez presentada a súa candidatura á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, organismo encargado de concedela, EuRural comezará xa a traballar na vindeira Estratexia de Desenvolvemento Rural para este novo período. 

 Na súa última reunión, a Xunta Directiva aprobou comezar a levar a cabo as iniciativas necesarias para repetir como entidade colaboradora da medida LEADER Galicia para este novo período. Por este motivo, os traballos centraranse na adquisición das capacidades necesarias e das accións preparatorias para o deseño da futura Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o territorio do GDR14, composto por trece concellos.   

 Entre as accións está prevista a posta en marcha dun proceso de participación social; a adaptación da estrutura de organización con representantes das entidades sociais, coa implicación dos sectores económicos, sociais e culturais do territorio e coa incorporación de novas entidades; a proposta de actuacións para analizar e facer unha diagnose dos resultados dos Plans de Desenvolvemento Rural anteriores; así como a proposta para o deseño de proxectos piloto, de accións para a promoción da participación das mulleres nos órganos de goberno e na toma de decisións e de accións para garantir a participación activa dos socios, entre moitas outras.  

 O vindeiro paso de EuRural será a celebración o vindeiro 15 de xullo dunha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria para proceder a realizar os cambios de estatutos necesarios e actualizar ás persoas representantes da Xunta Directiva.

VIGO

O COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA AMOSA SÚA SATISFACCIÓN

Coa resolución do laudo arbitral emitida o pasado 5 de xullo que lle impide á compañía recortar dereitos e salarios ao seu cadro de persoal.




 Desde o comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, amosamos a nosa satisfacción coa resolución do laudo arbitral emitida o pasado 5 de xullo que lle impide á compañía recortar dereitos e salarios ao seu cadro de persoal. Esta resolución é tan contundente que todos os puntos expostos pola empresa foron rexeitados na súa totalidade cunha argumentación moi coherente por parte do árbitro. 

 Con todo, o pasado mércores día 6 a dirección comunicounos a súa intención de recorrer o laudo arbitral até onde lle permita chegar a lei, perseguindo o seu único obxectivo: recuperar as perdas xeradas pola covid 19 a conta dos empregados/as; non hai que esquecer que ao mesmo tempo mantén unha reclamación xudicial co Concello na que lle solicita máis de 9 millóns de euros. 

 A pesar das intencións manifestadas pola empresa, dende a representación legal dos traballadores/as entendemos que actualmente o único camiño a seguir é retomar as negociacións do convenio colectivo. Foi a empresa a que en marzo deste ano anunciou a inaplicación do convenio, rompendo así as negociacións.  

 Temos os salarios conxelados desde o ano 2020, coa importante perda de poder adquisitivo que isto xera debido a un IPC disparado como nunca coñecemos. A isto hai que sumar a falta de melloras sociais no desenvolvemento do noso traballo diario, reivindicacións históricas que nunca chegaron a solucionarse. Tristemente, a actitude inmobilista da empresa á hora de negociar non coincide coa nosa, polo que non descartamos retomar as mobilizacións iniciadas o verán pasado.  

 Desde que coñecemos as intencións de redución de salarios e condicións laborais o pasado 4 de marzo o cadro de persoal e as súas familias conviven cun estado permanente de ansiedade e preocupación polo que estes recortes poden chegar a supoñer. 

 Lamentamos que a nova dirección de Vitrasa, do grupo Avanza-ADO, só se preocupe na actualidade de asegurarse unha serie de beneficios económicos á conta de reducir a calidade do servizo os salarios dos seu persoal. Entendemos que o Concello debe reformularse se este é o novo modelo de mobilidade que quere para a súa cidade. 

Por ultimo gustaríanos agradecer as mostras de apoio e comprensión por parte das persoas usuarias e do resto de cidadanía de Vigo en todas as mobilizacións realizadas por este comité.  


Vigo, 8 de xullo de 2022. 

Comité de empresa de Vitrasa.

VIGO

Remata sen acordo o ERE para 100 empregados/s de Barreras e a CIG baralla emprender accións legais contra a dirección  

A central sindical entende que a propiedade do estaleiro vigués actuou de mala fe durante todo o proceso 


Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Onte rematou sen acordo o período de consultas do ERE presentado por Barreras, que suporá o despedimento de 100 traballadores/as. As centrais sindicais rexeitaron a proposta da administración concursal, que fixaba unhas indemnizacións por rescisión de contrato de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades. A CIG-Industria está a estudar a posibilidade de emprender accións legais contra a propiedade do estaleiro vigués ao entender que actuou de mala fe durante todo o proceso. 

 Segundo explican dende a federación de Industria, a actitude das compañías propietarias de Barreras quedou clara dende o principio, xa que non quixo participar nas negociacións. “Estabamos a negociar coa administración concursal, pero dende a representación sindical solicitamos que participara tamén a propiedade; entón viñeron pero porque os obrigamos, como así o deixaron claro, pero negáronse a presentar ningunha proposta”, critica Quique Fernández, da CIG-Industria de Vigo. 

 Por iso dende a central sindical consideran que actúan de mala fe, sen vontade de chegar a acordos, “cando son responsábeis directos da situación na que se atopa o estaleiro e da súa descapitalización”. A intención da CIG dende o primeiro momento era demostrar que existe unha unidade empresarial na propiedade para que se tivese que facer cargo das indemnizacións. Agora só resta que se faga público o auto dos despedimentos, tras o que a central sindical iniciaría as accións legais oportunas para que se depuren as responsabilidades pertinentes.  

 “Cando menos logramos a readmisión do noso delegado no comité de empresa que fora inxustamente despedido, para que no caso de que finalmente teñan que marchar da empresa os 100 traballadores/as poida facelo nas mesmas condicións que o resto de compañeiros/as”, rematan.

AS NEVES

AS NEVES ACOLLE O VINDEIRO VENRES 15 A PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XOSÉ RAMÓN PAZ ANTÓN SOBRE A HISTORIA DO CONCELLO  

A deputada provincial de Memoria Histórica María Ortega coñecerá as actuacións de eliminación de simboloxía franquista realizadas grazas ás subvencións da Deputación na fonte de San Ignacio, no acceso ao centro de saúde e na igrexa 




Infogauda / As Neves 

 O Concello das Neves acollerá o vindeiro venres 15 ás oito da tarde a presentación do libro de Xosé Ramón Paz Antón ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ e a conmemoración da eliminación da simboloxía franquista na fonte de San Ignacio e no acceso ao centro de saúde do concello.  

 O acto contará coa presenza do alcalde Xose Manuel Rodríguez Méndez e o autor Xosé Ramón Paz, ademais da deputada de Memoria Histórica María Ortega,  quen coñecerá ‘in situ’ as actuacións realizadas grazas ás subvencións da Deputación da nova Liña de axudas para a retirada de simboloxía franquista nos concellos da provincia. 

 Dende o Concello convidan á veciñanza a tomar parte do evento, que comezará no lateral da igrexa das Neves ás 20 horas, onde se manteñen nomes gravados na pedra dos muros da construción de persoas caídas –unicamente- do bando nacional. Alí instalouse un panel explicativo de memoria histórica e será onde se falará das actuacións realizadas no municipio para retirar simboloxía franquista grazas á Deputación.  

 O Concello das Neves recibiu unha axuda de 1.028,5 euros para actuar na Fonte de San Ignacio, onde se fixo un piqueteado da pedra baixo a figura de San Ignacio onde había un xugo e unhas lanzas; e o portalón de acceso ao centro de saúde onde había tamén un símbolo de falanxe co  xugo e unhas lanzas que foi retirado.  

 Nestes lugares, e tamén na igrexa, instaláronse amais por parte do Concello paneis explicativos do acontecido durante o réxime. “É preciso actuar para seguir insistindo na correcta interpretación histórica dos feitos acontecidos na guerra civil e ditadura para fornecer unha sociedade máis democrática”, sinalan dende o Goberno local. 

 Unha vez realizada a conmemoración da eliminación da simboloxía franquista na igrexa, todas as persoas que así o desexen poderán ir cara a Fonte de San Ignacio, outro espazo icónico, onde se fará a presentación do libro de Xosé Ramón Paz Antón ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1036/1956’. 

 Alí farase un repaso de boa parte da historia do concello, dende a creación do Concello Constitucional de Setados e a súa actividade decimonónica, pasando pola educación no século XIX, as forzas conservadoras do Bugallalismo (1892-1930), o Agrarismo, a II República, e o golpe de estado e a represión franquista. 

DEPORTES

Lete Lasa aplaude a loita pola igualdade na presentación do triatlón do Porriño máis inclusivo  

A nova edición do Triatlón Concello de Porriño quere render homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu este venres á presentación da VII edición do Triatlón Concello de Porriño

Foto: X.G.

Infogauda / O Porriño

 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu este venres á presentación da VII edición do Triatlón Concello de Porriño, que nesta ocasión rende homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+ e está apadriñado polo triatleta Iván Raña, ao que Lete Lasa definiu como “pioneiro deste deporte” e destacou o seu palmarés como “campión do mundo e bicampión de Europa”. “Que o deporte loite pola igualdade entre as persoas é unha mostra máis dos principios que abraza como o respecto, a tolerancia ou a educación en valores”, dixo.

 O mandatario galego resaltou a labor que a Xunta de Galicia vén levando a cabo en materia de igualdade no deporte representada na campaña NON en contra da violencia de xénero e a prol da equiparación deportiva. Nas súas palabras “esa cor violeta a favor da igualdade, empuxou a todos os nosos olímpicos e paralímpicos en Toquio a través do reto Galicia-Toquio con Igualdade, e empuxou tamén a Susana Rodríguez-Gacio a alcanzar o ouro e a Javi Gómez Noya na súa última carreira na distancia olímpica”.

 A cita deportiva terá lugar o próximo sábado 16 de xullo ás 16,30 horas entre os concellos de Tui e O Porriño, cunha distancia de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé. Ademais o evento contará cunha versión infantil, destinada a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos celebrado o mesmo día pola mañá. As distancias neste caso serán de 25 metros na piscina, 700 metros en bicicleta e 300 metros a pé. O prazo de inscrición atópase xa aberto e así o estará ata as 23,59 horas do vindeiro 12 de xullo.

PONTEVEDRA

O MUSEO DE PONTEVEDRA RENDE HOMENAXE Á ARTE RUPESTRE CUNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE DO MUSEO ARQUEOLÓXICO NACIONAL (MAN) 

A mostra, que estará aberta ao público entre o 14 de xullo e o 9 de outubro, conmemora o centenario da exposición ‘Arte prehistórica española’ de 1921


Museo de Pontevedra abrirá o vindeiro xoves 14 a exposición ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’, unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN)

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O Museo de Pontevedra abrirá o vindeiro xoves 14 a exposición ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’, unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN). A mostra conmemora o centenario da exposición ‘Arte prehistórica española de 1921’, un fito fundamental para o coñecemento e a difusión da arte prehistórica, e supón un percorrido polas formas de exposición da arte rupestre que fai reflexionar sobre as súas posibilidades de contextualización nos museos.

 A exposición temporal chega a Pontevedra tras a súa exhibición no MAN en Madrid durante catro meses, no Museo de Altamira, e en Portugal, sendo organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte e Acción Cultural Española (AC/E), co apoio de Bolsas e Mercados Españois (BME) e a Asociación Cultural de Amigos e Protectores do MAN (ACAPMAN). O proxecto inspírase na mostra que en 1921 a Sociedade Española de Amigos da Arte dedicou á arte prehistórica española e expón, fundamentalmente a través do exemplo do propio MAN, unha reflexión sobre a entrada da arte rupestre prehistórica nos museos e as súas formas de exposición.

 No seu momento, a exposición ‘Arte prehistórica española’, celebrada hai agora 100 anos, constituíu  o inicio da difusión a gran escala da arte máis antigo creado polos seres humanos, reunindo dúas décadas de traballo de documentación e estudo. Unha das primeiras consecuencias desa mostra foi a entrada da arte prehistórica nos museos, primeiro a través de representacións pictóricas que co tempo evolucionarían a fórmulas máis complexas, procurando a inmersión das persoas espectadoras no ambiente no que esa arte foi creada.

 A actual exposición conta con máis de 250 pezas procedentes das coleccións do MAN e doutras institucións como o Museo do Traxe e o Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Santander. Entre elas, o público pode contemplar lenzos que reproducen algunhas das imaxes máis representativas da arte rupestre española, expostos por primeira vez en 70 anos, así como ferramentas, ídolos, obxectos cerámicos ou ronseis gravados, procedentes do contexto arqueolóxico das devanditas pinturas.

 No seu percorrido a través de diferentes seccións, a persoa visitante poderá coñecer as orixes do estudo da arte prehistórica e rupestre, xurdida polo interese que suscitaron descubrimentos como os da Cova de Altamira. Ademais, a mostra expón unha reflexión sobre a evolución que experimentou a presentación da arte rupestre e prehistórica nos museos, e sobre a importancia da súa conservación no contexto orixinal.

 ‘Arte prehistórica. Da rocha ao museo’ poderá visitarse no Museo de Pontevedra dende o xoves 14 de xullo ata o 9 de outubro. Contará con visitas guiadas e actividades complementarias.

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA 1,8 MILLÓNS DE EUROS PARA OUTROS OITO MUNICIPIOS DA PROVINCIA AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 

A Estrada, Meis, Mondariz, Moraña, Nigrán, O Rosal, Salceda de Caselas e Tomiño poderán levar a cabo diferentes actuacións para transformar o espazo público


A presidenta da  Deputación de Pontevedra na rolda de prensa de hoxe
Foto. D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a novos recursos dos que se beneficiarán oito municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Con esta nova inversión de 1.816.383 euros, A Estrada, Meis, Mondariz, Moraña, Nigrán, O Rosal, Salceda de Caselas e Tomiño levarán a cabo melloras de pavimentación e accesos, actuacións en materia de saneamento, en sinalización urbana, renovación de beirarrúas e á rehabilitación de equipamentos, como a rehabilitación dun muíño ou a reforma dunha escola unitaria.

 A Estrada recibirá 291.101 euros cos que executará unha mellora da sinalización de todas as rúas do casco urbano, eliminando así sinais obsoletas ou que se atopan en mal estado.

 Pola súa banda, o concello de Meis contará con 328.077 euros para dotar de redes de saneamento ao barrio de Sambade e aos lugares de Lusío e Quintáns (San Salvador de Meis), Penente (San Vicente de Nogueira) e Caxín, A Pedreira e Gondarei de Abaixo (San Martiño de Meis).

 Ademais, Moraña disporá de 162.872 euros para renovar as beirarrúas da rúa Doctor Batallán, no tramo que vai desde o cruce do edificio do Concello ata o final do solo urbano en dirección ao núcleo rural de Covelo.

 Os fondos do Plan Concellos chegarán tamén a Nigrán, que recibirá 259.153 euros para proceder á rehabilitación do muiño “Porto do Molle”, unha construción catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC) e un edificio de gran valor histórico do que, actualmente, só se conservan os muros de granito e o piso de pedra sobre o inferno do moliño.

 Por outra parte, Mondariz, contará con 314.846 euros para mellorar a pavimentación de camiños municipais en distintos puntos do concello. En concreto, actuarase en viais situados nas parroquias de Mondariz, Frades, Gargamala, Toutón, Sabaxáns, Riofrío, Lougares, Mouriscados e Meirol.

 Salceda de Caselas, pola súa banda, recibe 158.294 euros para mellorar os accesos en Budiño, Parderrubias e San Xurxo co obxectivo de incrementar e favorecer a seguridade viaria dos e das condutores e peóns na rede de camiños municipais.

 No caso do Rosal, os 100.000 euros aportados pola Deputación empregaranse para reformar unha das antigas vivendas dos mestres das Escola Unitaria de Fornelos coa finalidade de crear un espazo de convivencia para realizar todo tipo de actividades.

 Por último, a achega para o concello de Tomiño ascende aos 201.040 euros, que se empregarán para acometer a segunda fase da mellora da rede de saneamento en Vilachán, co obxectivo de chegar a 32 novas vivendas situadas nos núcleos do Torneiro, O Xibao e A Pedra do Couto.

PONTEVEDRA

AREEIRO RECOMENDA RETIRAR AS PARTES DOS ACIOS AFECTADAS POLO MILDIO LARVADO PARA EVITAR QUE SE ESTENDA O DANO E FACILITAR A FUTURA VENDIMA

Pese ás elevadas temperaturas, desfavorables ao mildio xa que os esporanxios perden capacidade de infectar, o centro da Deputación de Pontevedra recomenda manter a vixilancia das viñas


Conviria ir eliminando as dos acios partes danadas polo mildio
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella retirar as partes dos acios afectadas polo mildio larvado para evitar que se estenda o dano na viña e facilitar a futura vendima. Tamén anima a manter a vixilancia das viñas aínda que as temperaturas, por riba dos 30º, son desfavorables á enfermidade debido a que os esporanxios perden capacidade de infectar. Sen embargo, Areeiro alerta de que o tempo cálido é compatible co desenvolvemento do oídio polo que recomenda extremar a vixilancia e, de ser preciso tratamento, evitar o xofre, xa que con temperaturas elevadas é fitotóxico.

 As temperaturas cálidas, os tratamentos aplicados e as labores culturais de poda en verde e esfollas que se están a facer nas viñas contribuíron a que en ningunha das plantas tratadas das parcelas da rede de Areeiro e doutras que o centro observa aparecesen acios con midlio viable. Sen embargo, Areeiro recomenda revisar periodicamente as viñas e renovar tratamento naquelas que teñan próxima a data de finalización do período de protección do anterior, para evitar que se poida espallar a enfermidade.

 Do mesmo xeito o centro dependente da Deputación de Pontevedra alerta de que o oído, tremendamente complicado de controlar unha vez se instala na viña, acentúase con temperaturas cálidas polo que aconsella revisión e, se está próximo a concluír o tempo de cobertura da aplicación anterior, renovar o tratamento. No que respecta ás avelaíñas do acio, Areeiro asegura que, de momento, non será preciso a curto prazo realizar tratamentos.

 Ademais, o centro fitopatolóxico asegura que as temperaturas elevadas están tamén a producir estrés nas plantas, o que se manifesta xa na aparición de síntomas típicos de alteracións de madeira. Cos rexistros aínda máis altos que se agardan para as próximas xornadas Areeiro adianta que é posible que aparezan outras alteracións bióticas e abióticas.

ARCOS DE VALDEVEZ

Piscina Municipal exterior de Arcos de Valdevez abre amanhã 


Complexo das piscinas municipais de Arcos de Valdevez
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A obra de Reabilitação do complexo das piscinas municipais, a qual contou com um orçamento de 142 684,99€, encontra-se concluída, estando terminados os trabalhos que condicionavam o acesso à piscina exterior. 

 Neste sentido, a Câmara Municipal informa todos os usuários que a partir deste sábado, 9 de julho, o equipamento já poderá ser utilizado dentro da normalidade.

ARCOS DE VALDEVEZ

Dia do Concelho enaltece a Ciência e o conhecimento e reconhece entidades e individualidades

Atribuindo Insígnias de Mérito Municipal 

 



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No próximo dia 11 de Julho celebra-se mais uma vez o dia maior do Concelho, o qual este ano conta com uma programação vasta que inclui as habituais Cerimónias Oficiais de Comemoração do Dia do Concelho e várias iniciativas culturais e desportivas que começam dia 8 e se prolongam até dia 11. 

 No dia 11, o Dia do Concelho, as festividades começam pela manhã com o hastear das Bandeiras,  na Praça Municipal. 

 Após este momento, decorrerá a Sessão Solene nas Oficinas de Criatividade Himalaya – OCH, com a assinatura da adesão das Oficinas de Criatividade Himalaya à Rede de Centros Ciência Viva, a qual contará com a presença da Presidente da Direção da Ciência Viva Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica, Rosalia Vargas e as intervenções dos Presidentes da Assembleia e da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez. 

 Os Centros de Ciência Viva são espaços de aproximação entre os cidadãos e a ciência e plataformas de desenvolvimento social, económico e cultural, mobilizando para tal os atores mais dinâmicos nas suas regiões. 

 A RNCCV, sediada no Pavilhão do Conhecimento (Parque das Nações, Lisboa), é constituída por 24 Centros Ciência Viva em todo o território nacional, nomeadamente espaços interativos de divulgação científica, que contribuem para o desenvolvimento regional. O Centro Ciência Viva de Arcos de Valdevez é o único no Alto Minho pertencente à Rede Nacional. 

 Depois, a Câmara Municipal irá proceder ao reconhecimento público do mérito de instituições e individualidades, que pela sua ação contribuíram para o nosso orgulho Arcuense, atribuindo Insígnias de Mérito Municipal.  

 Neste ato, é de destacar a atribuição de uma Medalha de Honra ao arcuense Juiz Conselheiro Dr. Henrique Luís de Brito Araújo, Presidente do Supremo Tribunal de Justiça. Serão também entregues uma Medalha de Bons Serviços, Medalhas de Mérito Municipal Cultural, Desportivo, Social e Económico, e ainda feito o reconhecimento a diversas entidades da área da Saúde e Ação Social pelo apoio e serviços prestados à Comunidade Arcuense durante a pandemia COVID-19. 

 De seguida, decorrerá no Centro de Formação e Exposições/Incubo a apresentação do “InovArcos - Centro de Inovação e Conhecimento de Arcos de Valdevez”.  Um espaço de promoção do conhecimento, inovação e da atividade empresarial, que será composto pelo IPVC/ESTG- polo de Arcos de Valdevez, pela Incubadora de Empresas, pelo CITIN – Centro de Interface Tecnológico Industrial, pelo CENFIM, os dois laboratórios de do curso Engenharia Mecânica e o Centro de Exposições. Com este projeto pretende-se dinamizar a economia da região, promover o ensino qualificado, atividades de investigação, inovação e desenvolvimento de novas tecnologias, processos e produtos, bem como reforçar o emprego qualificado, a fixação e a atração de empresas e investimento. 

 No dia 8 de Julho, sexta-feira, terá lugar pelas 22h00 o espetáculo “Contos e Cantos do Barroco”, no Centro Interpretativo do Barroco- CIB; no dia 9, sábado, cerca das 09h00 decorrerão as Olimpíadas Séniores Concelhias, no Pavilhão Municipal, e às 22h00 o concerto musical: Albaluna, no Paço de Giela.  

 No dia 10 de Julho, domingo, pelas 10h30 terá lugar a iniciativa Domingos Saudáveis, no Campo do Trasladário e às 22h00 o Concerto musical de Dulce Pontes, no Paço de Giela. 

 A Câmara Municipal convida os arcuenses a fazerem parte destas comemorações e a celebrar este dia, acompanhando as cerimónias programadas.

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 500 - "O Mundo a Seus Pés" de Orson Welles (1941) 

Sexta-feira, 08 de julho às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO:  Lotação Limitada. Entrada Gratuita.



Locus Cinemae / Caminha

“Em O Mundo a Seus Pés, a imagem ganha uma dimensão prismática e ambígua da realidade, como nunca até então. A fotografia (Gregg Toland) é, por isso, tão inovadora quanto extraordinária.  

 Há planos magníficos, sequências de uma encenação e detalhe surpreendentes: a câmara que sobe pela opera house, atravessa o telhado e entra pelo bar adentro… a câmara que invade a fotografia e, como por magia, lhe dá vida e movimento… o estilo realista e teatral de uma enriquecida mise en scène, fruto da composição em profundidade de campo – o também denominado deep focus… o resultado de um literal mundo a seus pés, permitido pelo recurso aos low-angle shots… os enquadramentos com espelhos… O Mundo a Seus Pés é, a bem dizer, como uma enciclopédia de estilos, efeitos e técnicas. Enfim… puro deleite cinematográfico.  

 Para além de tudo isto, do exuberante e meticuloso trabalho de montagem de Robert Wise (capaz de jogar com a visibilidade e invisibilidade da découpage, criando um dinamismo notável), e da magnífica banda sonora de Bernard Herrmann, o que dizer da performance do próprio Orson Welles? Absolutamente assombrosa. Como se confluem e espelham, um no outro, Welles e Kane. Criador e criação parecem intimamente ligados, muito para além d’ O Mundo a Seus Pés. E essa coincidência (ou não-coincidência) constitui um dos pilares essenciais para o fascínio que, de modo intemporal, parece recair sobre esta obra.  

 Fragmento, auto-consciência artística, complexidade interpretativa: modernidade. O Mundo a Seus Pés é um marco autêntico, um clássico absoluto e obrigatório, uma experiência tão híbrida quanto os meandros que definem a nossa própria existência. É, artisticamente falando, uma das obras mais completas a que tive o prazer de assistir. Pelas mãos, igualmente, de um dos artistas mais completos que a Sétima Arte já conheceu. Ele sim, o puzzle por inteiro.  

 Enfim… grande filme. Um daqueles sobre os quais ficará sempre tanto por dizer.”  

http://cineroad.blogspot.com/2010/03/o-mundo-seus-pes-1941.html     

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Citizen Kane”, EUA, 1941  

Realização: Orson Welles  

Produção: Orson Welles  

Argumento: Herman J. Mankiewicz e Orson Welles  

Música: Bernard Herrmann  

Montagem: Robert Wise  

Companhia produtora: Mercury Productions  

Distribuição: RKO Rádio Pictures  

Duração: 120 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Orson Welles …. Charles Foster Kane  

Joseph Cotten …. Jedediah Leland  

Dorothy Comingore …. Susan Alexander  

Agnes Moorehead …. Mary Kane  

Ruth Warrick …. Emily Norton Kane  

Ray Collins …. James “Jim” W. Gettys  

Erskine Sanford …. Herbert Carter  

Everett Sloane …. Bernstein  

William Alland …. Jerry Thompson  

Paul Stewart …. Raymond



Programação    

Ciclo Play it Again    

8 de julho, “O Mundo a Seus Pés”, Orson Welles, EUA, 1941, Sessão 500 (M/12)  

15 de julho, “Pagos a Dobrar”, Billy Wilder, EUA, 1944, Sessão 501 (M/12)  

29 de julho*, “Too Much Johnson”, Orson Welles, EUA, 1938, Sessão 502 (s/ classificação)  

*11º Aniversário do Cineclube de Caminha. 1º Parte: Cinema – Concerto “The great train robbery”  

05 de agosto, “Breve Encontro”, David Lean, Reino Unido, 1945, Sessão 503 (s/ classificação)  

12 de agosto, “Viagem em Itália”, Roberto Rossellini, Itália / França, 1954, Sessão 504 (M/12)  

19 de agosto, “Vertigo – A Mulher que viveu duas vezes”, Alfred Hitchcock, EUA, 1958, Sessão 505 (M/12)  

26 de agosto, “Setembro”, Woody Allen, EUA, 1987, Sessão 506 (M/12)