13 de dec. de 2022

A GUARDA

“Tomámoslle unha” en honra ao Voluntariado

O evento será o vindeiro venres 16 de decembro na sede da Asociación San Xerome Emiliani (rúa Galicia, 23 da Guarda), en horario de 19:00 a 22:00h.



Asociación de San Xerome / A Guarda

 A Asociación de San Xerome da Guarda (Pontevedra) é unha organización sen ánimo de lucro promovida por nais, pais, familiares e amigas/os de persoas con diversidade intelectual, que facilita ao devandito colectivo e ás súas familias apoios e servizos profesionais que favorecen o seu crecemento persoal, integración socio-laboral, igualdade de oportunidades, desenvolvemento comunitario e inclusión.  

 Para San Xerome é fundamental que as persoas con diversidade intelectual teñan o mesmo dereito á emancipación que o resto de persoas sen discapacidade, e que poidan ver realizado o seu proxecto de vida no presente e cara ao futuro. Para garantir este dereito, a Asociación puxo en marcha o proxecto de FoGaReS SaNXe, solución residencial innovadora nas 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño poderán vivir unha vida adulta independente, cos apoios necesarios para poder facelo.  

 O pasado 5 de decembro foi o Día internacional das persoas voluntarias e San Xerome quere conmemorar este día cun evento de agradecemento ao gran labor desempeñado polas persoas voluntarias coa súa solidariedade e axuda.  

 O/a Voluntaria/o SanXe é a persoa que pon a disposición parte do seu tempo para brindar novas experiencias e contextos a persoas que necesitan algún tipo de apoio.  As persoas voluntarias doan parte da súa enerxía para que o proxecto siga crecendo. Entre as súas moitas habilidades destacan a implicación, a persistencia e unha actitude reivindicativa SEN LÍMITES, sempre a favor dos dereitos das persoas con diversidade intelectual. Co paso do tempo, as persoas voluntarias vólvense fundamentais para as persoas usuarias de San Xerome e convertéronse nun auténtico referente para a Asociación.  

 O evento “Tomámoslle unha” será o vindeiro venres 16 de decembro na sede da Asociación San Xerome Emiliani (rúa Galicia, 23 da Guarda), en horario de 19:00 a 22:00h. E será a ocasión ideal para que todas as persoas voluntarias coñézanse entre si, descubrir o que fan, compartir xunta/vola súa experiencia, etc… O evento pecharase cun Bingo solidario no que a recadación se destinará ao proxecto de FoGaReS SaNXe.   

 Estades todas e todos convidados…Esperámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario