13 de dec. de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

VÍCTOR MANUEL LÓPEZ REMATOU SEU CICLO COMO ADESTRADOR DO EQUIPO SÉNIOR DO SPORTING GUARDÉS

Para o próximo encontro o equipo contará coa dirección técnica de Toñete Rodríguez


Víctor Manuel López Rodríguez
Foto: FB

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Cando un equipo deportivo non produce, é decir, non xera éxitos, créase unha situación que non gusta nin ao adestrador, nin aos xogadores, nin aos abonados - e seareiros, en xeral -, e por suposto, tampouco é do agrado da xunta directiva do club afectado pola seca de victorias.

 No que levamos da tempada 2022-2023, o equipo sénior do Sporting Guardés, que milita na categoría de Primeira Rexional - Grupo 5, vén amosando unha racha que ademais de non ser do agrado de ninguén que sinta as cores do conxunto guardesista, tén lastrado o equipo na última posición da táboa clasificatoria, sen que esa situación se correxise dunha xornada para a outra. E tempo houbo para iso, pero o cambio de rumbo non se viu por ningures. 

 Probablemente se imos na procura das posibles causas a diagnose revelaríanos máis de unha doenza, cuxo antídoto non é precisamente un golpe de temón. 

 En calquer caso, para que algo mude é necesario facer algo diferente. Continuar coa mesma dinámica sería persistir no erro. Por esa razón, desde hoxe o ata agora adestrador do equipo, Víctor Manuel López Rodríguez deixa de desempeñar o cometido que tiña asignado. 

 Acostuma ser así cando deportivamente os resultados dun equipo non son os agardados, ainda que a responsabilidade non sexa exclusiva dunha persoa. Máis no fútbol o primeiro en caer é o adestrador. Esa semella ser a lei non escrita dese deporte.

 Así as cousas, de cara a vindeira xornada de liga - a última deste 2022 - o adestrador será Antonio Rodríguez (Toñete), ex xogador do Sporting Guardés e adestrador do equipo xuvenil, que ademais conta con experiencia no cometido que vai asumir ata que a xunta directiva fiche a outro técnico. En todo caso, será a partir do vindeiro luns, cando a xunta directiva que preside Víctor Manuel Lomba González comece a buscar, con calma, un novo adestrador, dado que ata o día 8 de xaneiro non hai competición.

 "Imos a intentar sacar o equipo de aí [da posición na que se atopa], e manter a categoría, e devolverlle as ilusións aos socios e xogadores", afirmou a este cronista, o presidente do club.

Ningún comentario:

Publicar un comentario