23 de nov. de 2022

GALICIA

Chega ás salas de cinema o documental '10 de Marzo'

Patrocinado polo Sindicato Nacional de Comisions Obreiras de Galicia  




Infogauda / Galicia

 Este mes de novembro chega ás salas de cinema o documental 10 de Marzo, patrocinado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e no que tamén colaboran a Federación de Pensionistas de CCOO e a Fundación 10 de Marzo, canda outras entidades. Esta obra é froito de catro anos de traballo para levar á gran pantalla a narración duns feitos dos que as Comisións Obreiras foron protagonistas e que marcaron o comezo da fin da ditadura franquista.  

Primeiras proxeccións  

 A veciñanza da comarca de Santiago pode gozar hoxe mesmo da proxección, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertarmiráns (Ames), ás 20 horas. As entradas pódense adquirir de xeito anticipado na billeteira electrónica municipal.  

 Xa o venres, día 25, chegará aos cinemas. Haberá proxeccións diarias a partir desa data no Dúplex Cinema (Ferrol), nos Cines Compostela (Santiago), en Códex Cinema (Lugo) ou en Multicines Norte (Vigo). En breve estará dispoñible en máis salas.  

Tráiler  

 Na canle oficial do documental en YouTube é posible consultar o tráiler desta obra, que dá voz a protagonistas directos dos sucesos que sacudiron Galicia aquel 10 de marzo de 1972.

Ningún comentario:

Publicar un comentario