ATLETISMO
Os atletas da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) brillaron na XLV San Martiño de Ourense, 2022
• Ariana González Verde, foi 7ª na xeral, e 2ª na categoría máster A
Sociedade Atlética do Trega
Nunha xornada matinal cun tempo estable e sen moito frío, arrincaba a mañá atlética do domingo día 20 de novembro, coa XLV San Martiño, de Ourense 2022, prestixiosa carreira popular considerada a máis grande de Galicia.
O máis destacable foron os novos atletas da Escola Trega, pupilos dos actuais adestradores da base: Javier Sierpes e Patri Pereira, onde deixaron mostras do seu enorme talento atlético un ano máis na máis grande, destacando na carreira de cativos a brillante vitoria na xeral mixta entrando en primeiro lugar en liña de meta o tomiñés Sergio Silva Souto, cuxa categoría actual é Sub-12, parando o crono de 4´54".
A súa compañeira Alba Vasconcellos Rodríguez, de A Guarda, en féminas tamén non foi menos deslucida a súa intervención, escribindo o seu nome na prestixiosa proba, que tamén disputa na categoría Sub-12, facéndose coa prata 14 cun fabuloso rexistro de 5´24".
A continuación na categoría superior de escolares 5km, a goianesa, Paula Rocha Bautista entrou en meta cun tempo de 20´56", facéndose co bronce na categoría Sub-14.
Na categoría Sub-16 a única participante foi a tudense Helia Alonso Romero, 11ª na xeral.
E por último na categoría 10km absoluta homologados, as nosas destacables intervencións foron:
Josué Moreno Lira, 52º posto na xeral e 25º clasificado na categoría sénior, con tempo de 34´46".
Carlos Fernández Álvarez, 157º na xeral e 25º clasificado na categoría máster, cun tempo de 38´27".
Ariana González Verde, foi 7ª na xeral, e 2ª na categoría máster A, cun tempo de 39´38".
Abel Rocha Ozores, 586º na xeral, acadou o posto 125º da categoría máster C, cun crono de 44´54".
Ningún comentario:
Publicar un comentario