CONCERTO DE OUTONO DE MARÍA JOSÉ BAZ
Coa participación do Grupo Antorcha e o Coro Cantábile
• O sábado día 19 de novembro, ás 20:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo dun tempo de espera por imperativos de forza maior, que directa ou indirectamente, afectounos a todos/as, agora podemos decir que estamos diante dunha boa nova. O motivo principal da mesma é que a cantautora María José Baz Martínez, vén de anunciar un Concerto de Outono, no cal, ademáis da súa agardada participación, tamén imos poder escoitar as guitarras e as voces das compoñentes do Grupo Antorcha, que ela mesma coordina e dirixe, así como as do Coro Cantábile, dirixido por Avelino Ferreira López.
O Concerto de Outuno celebrarase na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, o sábado día 19 de novembro, ás 20:30 horas, e será presentado por Chuny Vázquez Vicente.
O acceso é de balde e libre, ata completar aforo.
Grupo Antorcha
O Grupo Antorcha, de A Guarda cumpre neste 2022 o seu 41 aniversario, unha longa traxectoria que naceu no ano 1981, como “Rondalla del Recreo Artístico Guardés, para pasar a chamarse “Rondalla Cultural Guardesa” e desde fai varios anos, ata a actualidade, Grupo Antorcha.
Baixo a dirección da cantautora guardesa María José Baz, o Grupo Antorcha ten participado en diversos certames, concertos e festivais de toda Galicia, colaborando tamén con corais e festivais organizados por diversos grupos, así como en actos culturais en varias localidades de Galicia e norte de Portugal. Tamén estivo nos estudos de gravación da TVG, en programas como “Galicia Enteira” ou “Desde Galicia para el mundo”, da TVE, e tamén en Radio Obradoiro, no seu programa “Estamos contigo”.
O Grupo Antorcha componse maioritariamente de mulleres, ás que as une a súa paixón pola música, reuníndose varias veces á semana para realizar os ensaios e preparar os temas, con cancións románticas, populares, modernas e relixiosas.
Coro Cantábile
O coro xurde no 1986 como coro da catequesis para máis tarde pasar a chamarse Coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España (País Vasco, Barcelona, Madrid,...) e tamén Portugal e Francia acadando un gran nivel con gran esforzo e adicación.
A partir do ano 2007, José Luis Lorenzo Rodríguez continúa como presidente e pasa a asumir a dirección Lucía Alonso Castro. Xa para aquel entón o coro inicial Arpegios se tiña dividido en dúas formacións: Coro Arpegios (infantil) e Coro Cantábile (xuvenil e adulto).
O Coro Arpegios Cantábile celebrou en agosto de 2011 o concerto conmemorativo do seu XXV aniversario. Nese evento, entre outras obras, foi interpretado o Canto á Guarda (Letra: Chuny Vázquez - Música: José Luis Lorenzo Rodríguez).
No ano 2016 toma a batuta Avelino Ferreira López, director actual, e dende a súa incorporación, o Coro Cantábile ten continuado promocionando a música como pasatempo, interpretando temas de distintas épocas, estilos e orixes xeográficos, obras profanas e relixiosas, clásicas e contemporáneas.
María José Baz Martínez
A cantautora guardesa María José Baz iníciase na música aos 12 anos, participando dende aquela en numerosos festivais, actos, exposicións e concertos. Na súa traxectoria pasou pola TVG, Radio Tui, Radio Galega, colaborando no seu programa “Pensando en ti”, e tamén en Radio Obradoiro, no seu programa “Estamos contigo”.
Publica o seu primeiro traballo discográfico - “Crepúsculo Mental” - no ano 2010.
Dirixe o Grupo Antorcha e é monitoria de guitarra coma actividade extraescolar en diversos colexios do Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario