9 de nov. de 2022

A GUARDA

Xornada informativa sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros 

 O xoves día 17 de novembro. ás 17:00h. no Salón de Plenos do Concello de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vai acoller  unha xornada informativa sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros, que terá lugar o xoves día 17 de novembro, ás 17:00h no Salón de Plenos.    

 O obxectivo da charla, organizada pola Escola Galega de Consumo, é achegar á poboación galega información e asesoramento sobre os dereitos básicos que temos en materia bancaria e financeira, para o cal se veñen desenvolvendo talleres gratuítos sobre estas temáticas nas catro provincias galegas.     

 Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas, como poden ser os créditos ao consumo ou as tarxetas renovables ou rotativas. De aí que, unha educación financeira plenamente accesible ao conxunto da sociedade reduce os riscos de exclusión e alenta ás persoas consumidoras a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario