9 de nov. de 2022

A GUARDA

Plan para a implementación da Axenda 2030 no Concello de A Guarda  

 Este Obradoiro terá lugar o día 16 de novembro de 10:00 a 11:30h  no concello guardés 




Infogauda / A Guarda

Continúa avanzando o proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II”, que ten por obxectivo a elaboración dun Plan estratéxico para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) no Concello da Guarda.   

 O próximo paso é a celebración dun obradoiro, onde se explicará a axenda global e a súa aplicación a nivel municipal. Ademais, exporase a análise diagnose realizada trala fase de entrevistas a persoal do concello e un número significativo de asociacións, así como o período de enquisa aberta á cidadanía. O groso do acto consistirá na exposición da proposta do Plan estratéxico, para dar paso ao momento de suxestións no que o público poderá expresar a súa opinión e as súas achegas.   

 Esta actividade realizarase o vindeiro mércores 16 de novembro, de 10 a 11:30 horas no Concello de A Guarda. 

 As persoas que desexen asistir, poden rexistrarse premendo nesta ligazón. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario