A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
• O venres día 25 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz fixo pública a convocatoria dunha sesión plenaria ordinaria que se celebrará o venres día 25 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello. Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1.Aprobación das actas da sesión extraordinaria de data 24.09.2022, ordinaria de data 30.09.2022 e da extraordinaria de data 21.10.2022.
2.Expediente 3114/2022. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.09.2022 ATA O 15.11.2022.
3.Expediente 3047/2022. DAR CONTA DOS REPAROS.
4.Expediente 2336/2017. DAR CONTA DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO TERCEIRO TRIMESTRE 2022.
5.Expediente 2515/2022. APROBACIÓN INICIAL PLAN DE EMERXENCIA SITUACIÓN DE SECA.
6.Expediente 804/2022. PROPOSTA MODIFICACIÓN PLANTILLA DE PERSOAL.
7.Expediente 2946/2022. PROPOSTA APROBACIÓN CONVENIO COMMERCE INSIDE.
8.Expediente 3068/2022. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA EN RELACIÓN Á INCORPORACIÓN DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (G.E.S.) CON SEDE NA GUARDA Ó CONSORCIO CONTRA INCENDIOS PROVINCIAL.
9.Expediente 3067/2022. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN RELACIÓN AO APOIO ÁS TRABALLADORAS DO SAF.
10.Expediente 3081/2022. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA EN RELACIÓN Á PROBLEMÁTICA DO USO E ABUSO DOS ESPAZOS DE APARCAMENTOS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA.
11.Expediente 3109/2022. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE O 25N.
12.Expediente 3139/2022. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN RELACIÓN O 25N.
13.ROGOS E PREGUNTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario