José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
A Asociación Raiceiras - Acción Rural organiza a proxección de dúas curtametraxes e posterior debate sobre a temática da paternidade, conciliación familiar, etc.. A primeira delas será o próximo venres día 25 de novembro, ás 8 da tarde e a segunda o día 9 de decembro, a mesma hora. Ambas as dúas proxeccións e debates serán na Casa Cultural de Montes de Camposancos.
Por outra banda, como todos os primeiros venres de mes, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, o día 2 de decembro, ás 8 da tarde, organizamos "Música e palabras", unha actividade da que estamos moi orgullosos pola acollida que ten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario