18 de nov. de 2022

A GUARDA

O luns día 21 de novembro inícianse as actividades para conmemorar na Guarda o 25N 

Que terán lugar durante a vindeira semana e incluirán unha obra de teatro e unha performance na que participarán 13 persoas mozas da vila. 




Infogauda / A Guarda 

 Outro ano máis desde o Concello de A Guarda póñense en marcha varias accións para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Aínda que esta é unha problemática na que se traballa durante todo o ano, desde o Centro de Información é Muller (CIM) de A Guarda, e a Concellería de Igualdade, considérase moi importante continuar celebrando estas datas sinaladas.   

 Dese xeito, durante toda a semana a fachada do concello lucirá tinguida de cor morado, e o día 24, no Centro Cultural, terá lugar a posta en escea da obra de teatro “As que limpan”, da compañía de teatro A Panadaría, para a cal as entradas xa están esgotadas.

 Asemade, o propio día 25 ás 19:00 horas,  nos baixos da Casa dos Alonso, celebrarase un acto conmemorativo no que poderemos desfrutar dunha performance que será levada a cabo por un grupo de 13 mozos e mozas que participan no grupo de teatro do Proxecto Actúa Verde, que a Asociación Foco puxo en marcha na vila a través de Fondos Europeos. Durante dito acto os/as portavoces dos distintos partidos políticos terán tamén oportunidade de manifestar a súa repulsa contra todas as manifestacións da violencia de xénero e o seu compromiso coa igualdade.   

 Desde o Concello convidamos a todas as persoas implicadas coa loita pola igualdade e que condenan a violencia de xénero a que nos acompañen neste acto, dixo Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario