18 de nov. de 2022

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

VÍA GALEGA CHAMA A PARTICIPAR NO ACTO DE COLOCACIÓN DA BANDEIRA GALEGA EN CAMPOSANCOS  

 Este sábado 19 de novembro, ás 11:30, no lugar de Peralta, en Camposancos 




Infogauda / Camposancos 

 A Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega chama a sociedade guardesa a participar no acto de colocación da bandeira galega que terá lugar o sábado 19 de novembro, ás 11:30, no lugar de Peralta,  preto do menhir coñecido como A Picota ou Pedra do Abellón (Coordenadas: 41°52'43.7"N 8°52'30.4"W), á beira da Estrada de Circunvalación, en Camposancos (A Guarda). Este  evento forma parte dunha acción expansiva que se desenvolverá por toda  Galiza e consistirá na colocación da  bandeira galega con motivo do 104 aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo, organizada polas Irmandades da Fala.  

 No acto, que ten como  pretensión  divulgar e popularizar os nosos símbolos nacionais, lerase un manifesto e un poema, plantarase un carballo e rematará coa interpretación do himno galego

 Vía Galega agradece o compromiso con esta actividade da Entidade Local Menor de Camposancos que colabora cedendo o espazo para a colocación do mastro en que a partir do día 19 ondeará a bandeira galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario