5 de out. de 2022

VIGO

A CIG convoca unha concentración solidaria

Coincidindo co xuízo para reclamar a nulidade do despedimento da traballadora acosada por Termocalor 

A protesta terá lugar este xoves día 5 a partir das 11 da mañá ás portas do Xulgado do Social número 5 de Vigo


Patricia Estévez, traballadora  afectada- á der. da imaxe -  con Patricia Mariño, avogada da CIG  - no centro da imaxe - e  a secretaria de Organización da CIG-Industria, Mercedes Domínguez

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG convoca unha concentración solidaria coincidindo co xuízo "para reclamar a nulidade do despedimento da traballadora acosada por Termocalor tras quedar embarazada, e á que se lle rescindiu o contrato unha vez rematada a redución de xornada para o coidado de crianzas menores."  

 A protesta terá lugar este xoves día 5 a partir das 11 da mañá ás portas do Xulgado do Social número 5 de Vigo, onde media hora despois dará comezo a vista oral.

 Vídeo relacionado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario