Tomiño incorpora un segundo vehículo cero emisións ao servizo de compostaxe municipal
A adquisición deste novo vehículo supón un fito máis no compromiso do Concello de reducir a súa pegada de carbono
Infogauda / Tomiño
Tomiño da un paso máis cara a sostibilidade ao adquirir un segundo vehículo
con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal
encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.
A adquisición foi posible grazas a
unha subvención en concorrencia competitiva a entidades locais do Fondo de
Compensación Ambiental, por importe de 27.375,00 euros (75%), achegando o resto
da inversión o propio Concello.
Trátase concretamente dunha
furgoneta 100% eléctrica cun tempo máximo de recarga de 8 horas (punto de carga
nave municipal), con opción de carga rápida en 2 horas. Ten un espazo de carga
5 m3, con una carga útil de más de 1.000 kg. Asemade, o novo vehículo ten unha
autonomía de 330 Km., sensor de aparcamento, cámara de visión traseira e pantalla
multimedia táctil.
Esta furgoneta utilizarase para
tarefas de mantemento dos 16 centros de compostaxe comunitaria, distribuídos
nos núcleos urbanos de Tomiño e Goián. Ademais estanse a repartir os últimos
dos 3.000 composteiros individuais entre os veciños e entidades das parroquias,
os cales tamén requiren de visitas de asesoramento, por parte do persoal
técnico municipal. Todo isto, tendo en conta que Tomiño ten actualmente case
14.000 habitantes asentados nun territorio de 106 KM2 en 15 parroquias, de
maneira moi dispersa.
Todos eses centros de compostaxe,
os composteiros individuais, así como os puntos verdes habilitados nas
parroquias onde deixar os restos de podas leñosas, precisan para o seu adecuado
funcionamento do traballo de mantemento de persoal municipal, xa sexa para
recoller material como para deixar ou comprobar o estado do material
estruturante, presente en Puntos Verdes e Centros de Compostaxe Comunitaria.
Polo que este vehículo, complementará o traballo que se leva a cabo co Camión,
adquirido ó abeiro do Revitaliza, de transporte do material dos puntos verdes.
Este novo vehículo para o servizo
de compostaxe é un fito máis dentro do compromiso destes últimos anos por parte
do Concello para ir reducindo pouco a pouco nos distintos ámbitos de
competencia municipal o uso de enerxías fósiles e contaminantes.
Como avanzou a concelleira de Medio
Ambiente, Ana Belén Casaleiro, “este segundo vehículo contribuirá non só a
mellorar o servizo que están a levar a cabo tanto os técnicos encargados da
xestión e mantemento dos centros de compostaxe comunitaria, o equipo de
recollida de biomasa nos puntos verdes, senón que suporá, ao mesmo, un paso
máis cara a protección do Medio ao reduciren ao mínimo a emisión de
contaminantes ao noso ar”.
Dende a concellería de Medio
Ambiente valoran moi positivamente estas axudas, xa que suman nos plans que
dende o municipio están desenvolvendo, como o plan de acción polo clima e a
enerxía, o plan local de implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible e a xeralización da compostaxe (https://revitaliza.tomino.gal/).

Ningún comentario:
Publicar un comentario