Apicultura Niño do Corvo estará presente na “I Feira de produtos do Rosal”
• A Praza do Calvario acollerá a súa Festa de Outono cun ampla programación
• Apicultura Niño do Corvo participará nesta primeira edición mostrando aos visitantes e locais os seus produtos e servizos.
Infogauda / O Rosal
O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación moi especial, a Festa de Outono, que chegará ao concello do Baixo Miño os días 11 e 12 de outubro con actividades para todos os públicos.
Durante esas dúas xornadas de exposicións, música, demostracións e moito máis, contarase coa “I Feira de produtos do Rosal”, que será inaugurada ás 11:00h do mércores día 12 de outubro e na que se contará con un espazo de exposición, degustación e venda de produtos locais nos que estará Apicultura Niño do Corvo.
Marcos Rodríguez Portela, xerente de Apicultura Niño do Cprvo valora moi positivamente esta iniciativa indicando que “é unha maneira de que o noso veciños coñezan o produtos local e facelos partícipes do traballo que desenvolven moitas empresas na nosa zona, con produtos locais e de proximidade”.
Apicultura Niño do Corvo, con enderezo na rúa Ramón Franco, nº 21 no Rosal – Pontevedra, é unha empresa dedicada á venda de material, formación e asesoramento para apicultores e para persoas que lles guste e quéiranse iniciar no mundo da apicultura.
Na actualidade elabora o mel de “Niño do Corvo”, proveniente do máis dun centenar de colmeas que posúe a empresa en zonas boscosas da comarca do Baixo Miño, o xardín do sur da provincia de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario