O Concello pon en marcha un servizo de autobús para a Feira do Viño do Rosal
Habilitaranse dúas liñas con saídas dende A Guarda, Tomiño e Tui. O prezo será de 2 euros
Infogauda / O Rosal
Tras
a volta á normalidade na XXX edición da Feira de Viño do Rosal, o Concello do
Rosal pon de novo en marcha un servizo de transporte público para aquelas
persoas que queiran acudir a gozar da feira na Praza do Calvario sen ter que
usar o vehículo privado. “Queremos facilitar a todas as persoas o desprazamento
para que poidan desfrutar dunha Feira do Viño do Rosal de forma tranquila e
segura”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Deste
xeito, os días 7, 8 e 9 de outubro habilitaranse dúas liñas con diferentes
percorridos e horarios que unirán A Guarda e Tui co centro do Rosal. Así, haberá
un autobús circular con saída dende A Guarda que percorrerá Pancenteo, Marzán,
Novás, Fornelos, Calvario, San Miguel e
Pías para volver ao punto de saída. Esta liña terá con saída dende A Guarda terá
unha frecuencia de un autobús cada hora dende as 21.30 ata as 01.30 horas o
venres 7, de 19.30 a 01.30 o sábado 8 e de 19.30 a 21.30 o domingo.
Pola
súa banda, o Concello tamén habilitará unha liña con saída dende Tui e Tomiño
que pasará por As Eiras, Tabagón, San Miguel e Pías. O horario de saídas deste
autobús será de 20.45 a 00.30 horas o venres, de 18.30 a 00.30 horas o sábado e
ás 19.00 horas o domingo 9.
Ningún comentario:
Publicar un comentario