O ‘Música e Viño no teu Camiño’ continúa o seu percorrido con paradas no Rosal, Pazos de Borbén e Tomiño
Este sábado 8 de outubro Blues do país estará na Feira do Viño do Rosal e Sindicato Verbenero diante da Casa do Concello de Pazos. O domingo será a quenda de Terapia de Grupo, que actuará no mercado tomiñés
EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan a segunda edición deste programa que forma parte de ‘O teu Xacobeo’
Infogauda / O Baixo Miño / Pazos de Borbén
O proxecto ‘Música e Viño no teu Camiño’ continúa
o seu percorrido polo territorio con tres novos concertos esta fin de semana.
Posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e o
Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, o obxectivo da segunda edición desta
iniciativa é dar visibilidade a grupos emerxentes ao tempo que se xeran espazos
de encontro e lecer ente a veciñanza, visitantes e peregrinos e peregrinas que
están a facer o Camiño de Santiago durante o mes de outubro. A iniciativa
desenvólvese ao abeiro do programa O Teu
Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.
O ciclo de concertos chega este sábado 8 de
outubro á Feira do Viño do Rosal, na que Blues do País axudará a maridar música
e caldos en sesión vermú a partir das 13.00 horas na Praza do Calvario. O mesmo
sábado, xa pola tarde, será a quenda de Sindicato Verbenero, que animará a
praza situada diante da Casa do Concello de Pazos de Borbén a partir das 19.00
horas. O domingo 9 de outubro, os concertos do ‘Música e Viño no teu Camiño’
chegan a Tomiño, coa actuación de Terapia de Grupo no Mercado tomiñés ás 13.00
horas.
T odas as actuacións son de balde e nelas poderase
desfrutar dos viños D.O. Rías Baixas e da gastronomía local nos establecementos
hostaleiros e comerciais da zona.
Con esta iniciativa EuRural e do Xeodestino Ría de
Vigo e Baixo Miño organizan unha serie de concertos por todo o territorio nos
que o público poderá desfrutar da maridaxe de música, viño e gastronomía ao
tempo que se potencia a hostalaría e o comercio local. Dende EuRural e o
Xeodestino anímase a toda a veciñanza dos concellos do noso territorio e da
contorna a achegarse ata O Rosal, Pazos de Borbén e Tomiño esta fin de semana,
así como aos distintos escenarios e desfrutar de mañás e tardes con sabor a
música e viño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario