20 de out. de 2022

O CONDADO / A PARADANTA / O BAIXO MIÑO

A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais por 17,8 M€ para as comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos 2023  

As bisbarras do Condado e A Paradanta roldarán os 10 M€ con actuacións na PLISAN, os plans Hurbe de Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas ou os centros de saúde de Salvaterra e Crecente  

No Baixo Miño o principal investimento é a continuidade do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda con 6,7 M€, aínda que tamén hai partidas para a mellora do peirao da Pasaxe, na Guarda, o plan Rexurbe de Tui, ou o PEP do Calvario, no Rosal, entre outras  

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, no sur da provincia, pero estes investimentos só son un punto de partida que se incrementará coas ordes e plans que xurden ao longo do ano ou con outras obras xa comprometidas, como a ampliación do IES Alonso Ríos de Tomiño ou a mellora hidráulica de Viladesuso en Oia”, detallou Luis López


Infogauda / Comarcas

 A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 17,8 millóns de euros para as comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou hoxe o delegado territorial de Pontevedra, Luis López, durante o acto de presentación territorializada das contas. 

 “A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, no sur da provincia, xa que o punto de partida en investimentos sitúase nestes 17,8 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano ou con outras obras xa comprometidas como a ampliación do IES Alonso Ríos de Tomiño, por citar só algún exemplo cun importe moi destacado”, manifestou o representante autonómico. 

Investimentos no Condado e A Paradanta

 As comarcas do Condado e A Paradanta van roldar, de entrada, os 10 millóns de euros en investimentos con actuacións destacadas na plataforma empresarial PLISAN tanto en Salvaterra do Miño como nas Neves, coas humanizacións e melloras urbanas do Plan Hurbe en Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas, a modernización dos centros de saúde de Salvaterra e Crecente ou a reforma da oficina de emprego de Ponteareas, entre outras. 

Investimentos nos Baixo Miño

 Por outra banda, na bisbarra do Baixo Miño, o principal investimento será a continuidade do enlace de Areas, pertencente á Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, que contará cunha partida de 6,71 millóns de euros no marco da súa execución plurianual. Sen embargo, tamén están previstas outras actuacións, como o reforzo da estrutura do peirao da Pasaxe, na Guarda, o desenvolvemento do programa de rehabilitación e vivenda Rexurbe de Tui ou a mellora hidráulica do río Viladesuso, no Concello de Oia. 

Principais investimentos 2023 da Xunta nas comarcas do Condado e A Paradanta  

Salvaterra  

PLISAN  1.180.000  

As Neves  

PLISAN  464.000  

Arbo  

Planta de transferencia de residuos  1.640.000  

Crecente  

Plan Hurbe  134.000  

Arbo  

Plan Hurbe  360.000  

Salvaterra  

Plan Hurbe  484.000  

Mondariz  

Redacción do PXOM  19.000  

Arbo  

Senda peonil na PO-400  2.700.000*  

Salvaterra  

Senda peonil na PO-402  2.700.000*  

Salvaterra  

Obras de depuración  100.000  

Ponteareas  

Convenio con Acuaes para depuradora  700.000  

Arbo  

Rede de abastecemento  1.490.000  

Salvaterra  

Novo Centro de Saúde  300.000  

Crecente  

Novo Centro de Saúde  200.000  

Ponteareas  

Reforma da oficina de emprego  208.000  

Ponteareas/Salvaterra  

Obradoiros de emprego  655.000  

Principais investimentos 2023 da Xunta na comarca do Baixo Miño  

Tui  

Enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda  6.710.000  

A Guarda  

Estrutura do peirao da Pasaxe  302.000  

Tui  

Programa Rexurbe  558.000  

O Rosal  

PEP de O Calvario  25.000  

Oia  

Mellora hidráulica do río Viladesuso  320.000  

A Guarda/Tui  

Obradoiros de emprego  655 .000


*Esta partida compartida de 2,7 millóns de euros ten, como actuacións nominativas, estas dúas en Arbo e Salvaterra e outras dúas nos concellos de Bueu e Cangas do Morrazo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario