6 de out. de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Rexional - Grupo 5

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO VALMIÑOR NIGRÁN

O domingo día 9 de outubro, ás 5:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  O Sporting Guardés que milita na categoría de Primeira Rexional - Grupo 5, recibirá ao E.D. Valmiñor, de Nigrán. Será o domingo día 9 de outubro, ás 5:30 da tarde,  no Estadio Municipal A Sangriña.

 O encontro, que con toda probabilidade, vai ter un compoñente de sana rivalidade comarcal, preséntase aberto a todas as posibilidades, deportivamente falando. O conxunto miñorán, con 4 puntos no seu haber, está situado no 14º posto da táboa clasificatoria. O equipo miñoto, con 3 puntos, atópase na 17ª posición. De entrada, as diferencias son poucas. Non hai - neste caso concreto - unha notable diferencia entre un e outro equipo. Ambos os dous terán que demostrar no campo quen é merecente de quedarse cos puntos en litixio.

 En definitiva, o encontro deportivo presenta aliciente, e pode ser o momento do conxunto local, para tentar sair da zoa na que se atopa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario