271 DEPORTISTAS DA PROVINCIA RECIBIRÁN AS BOLSAS DEPO DAN E DEPO PROMESA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Serán 185 bolsas para deportistas de alto nivel -9 delas para persoas con diversidade funcional coas Axudas Plus A+- e 77 para deportistas promesa
Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar as achegas Depo_Dan e Depo_Promesa, ás que a institución provincial dedica un orzamento de 250.000 euros. En concreto, son 271 achegas e, delas, 185 correspóndense coas bolsas para deportistas de alto nivel e son 77 para deportistas promesa. Amais, deuse luz verde a 9 Axudas Plus (A+) dirixidas a deportistas “Depo Dan” con diversidade funcional. A presidenta provincial, Carmela Silva, recalcou que as Axudas Plus son “a novidade deste ano” e lembrou que “nas anteriores edicións estaban integradas coas bolsas globais pero na Deputación somos conscientes de que as persoas con diversidade funcional teñen moitos máis gastos e por isto creamos esta nova modalidade, na que van a percibir un maior importe”.
Estas becas permitirán ás e aos deportistas participar en competicións a nivel galego, nacional e internacional. As súas persoas beneficiarias pertencen a 33 concellos da provincia: Baiona, Barro, Cambados, Caldas, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa, Lalín, Marín, Moaña, Moraña, Mos, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía e Vilanova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario