2 de out. de 2022

DEPORTES

O EQUIPO "BOLA DE DRAGÓN", ACADOU O 9º POSTO NA RED BULL AUTOS LOCOS

Celebrada este domingo, no Parque del Oeste (Madrid)


Membros do equipo Bola de Dragón co vehículo creado no Rosal
Táboa cos 10 primeiros clasificados


Ricardo Rodríguez Vicente / Madrid

 Este domingo día 2 de outubro, o Paseo Ruperto Chapí, do Parque del Oeste, de Madrid, acolleu o Gran Premio Red Bull Autos Locos, 2022.

 No evento, que foi presenciado en vivo e en directo por centenares de persoas procedentes de diferentes comunidades autónomas do Estado español, e que que foi retransmitido pola canle de YouTube de MARCA, participaron moitos vehículos, a maioría deles, creados específicamente para esa proba. 

 Desde Infogauda, queremos salientar a participación do equipo Bola de Dragón, cun vehículo realizado no Rosal (Pontevedra), por Manito Rodríguez, e pilotado por Christian Silva.

 Bola de Dragón - ver o vídeo dende ás 4:54:29 h. - participou no posto 42º, e ademáis de lograr completar o circuíto, acadou o 9º posto da clasificación xeral, grazas as seguintes puntuacións: 

Creatividade: 7,5; execución: 8,4; tempo: 01:21; Total: 18,9 puntos.

O equipo Bola de Dragón, que debutaba no Gran Premio Red Bull Autos Locos, fixo unha magnifica actuación, que foi seguida no Baixo Miño pola devandita canle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario