O GOBERNO LOCAL LEVARÁ A PLENO A PROPOSTA DE APROBACIÓN DO ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A NOVA LICITACIÓN DA CONCESIÓN DA PISCINA MUNICIPAL
A sesión plenaria ordinaria vaise celebrar o venres día 21 de outubro de 2022, ás 08:30 horas, na Casa do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Con data 18 de outubro de 2022, o alcalde do concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz fixo público o decreto da alcaldía polo cal convoca aos membros do pleno a unha sesión extraordinaria que se celebrará o vindeiro venres día 21 deste mes, ás 08:30 horas, na Casa do Concello.
O asunto a tratar na devandita sesión é o seguinte:
PUNTO ÚNICO: Expediente 1272/2022. PROPOSTA APROBACIÓN ESTUDO VIABILIDADE LICITACIÓN PISCINA MUNICIPAL.

Ningún comentario:
Publicar un comentario