A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda próximamente
• O venres día 7 de outubro, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 8 de 10:15 ás 15:00h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda próximamente. Dese xeito, estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural), o venres día 7 de outubro, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 8, de 10:15 ás 15:00h.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue é necesario almorzar, e despois de xantar agardar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario