ACTO DE PRESENTACIÓN DA CANDIDATA DO PSdeG-PSOE Á ALCALDÍA DE TOMIÑO
O sábado día 3 de setembro, ás 13:30 horas, no Hotel Nova Colina, de Tomiño
Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño
O vindeiro sábado 3 de setembro ás 13:30 h., no Hotel Nova Colina, de Tomiño celebraremos o acto de presentación da nosa candidata as eleccións municipais de 2023. Contaremos coa presenza do secretario xeral de Galicia, Valentín Formoso; do secretario provincial, David Regades; da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Ademais de amigos, amigas, simpatizantes, alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño, Val Miñor e Portugal. Tamén contaremos con deputadas e deputados do Parlamento Galego e Madrid, entre outros Leticia Gallego, Noelia Otero, Gonzalo Caballero, Begoña Aldao e Olga Alonso, deputada en Madrid.
Será un acto que marcará un antes é un despois no percorrido político en Tomiño.
A continuación teremos o xantar todxs xuntos no mesmo hotel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario