A Real Federación Galega de Motonáutica impartirá un novo curso en Tomiño para obter ou renovar a licenza de navegación
A actividade terá lugar o vindeiro 2 de setembro, sendo o 30 deste mes o último día para apuntarse
Infogauda / Tomiño
A Real
Federación Galega de Motonáutica impartirá en Tomiño un novo curso para obter
ou renovar a licencia de navegación. Impartirase o venres 2 de setembro, sendo
o 30 de agosto o último día para apuntarse. As inscricións pecharanse ás 00:00
horas.
O curso,
que será impartido no Espazo Fortaleza de Goián, consistirá nunha parte teórica
e outra práctica, para a cal se empregará o pantalán existente na área. Na
actividade poderán participar persoas con mobilidade reducida grazas á posta en
disposición dunha embarcación adaptada.
A licenza
de navegación habilita á persoa para o goberno de embarcacións de recreo de ata
6 metros de eslora e unha potencia de motor adecuada á mesma segundo o seu
fabricante, navegación diúrna ata 2 millas de calquera dirección de porto,
mariña ou lugar de abrigo, así como o manexo de motos acuáticas de calquera
potencia.
Desde a
Federación Galega de Motonáutica agradecen a colaboración do Concello de Tomiño
para a realización destas actividades, entre as que se atopan tamén a xa
consolidada celebración no municipio dunha das probas do Campionato Galego
Inclusivo Fibralar de Motonáutica, que este ano tivo lugar o día 5 de xuño con
gran acollida de público.
Para realizar a inscrición e obter máis información, pódese chamar ao teléfono 986 222 440 ou pódese enviar un correo electrónico ao enderezo info@fgmotonautica.org.

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario