O ‘Rosal Cámara Fest’ volve encher de música as parroquias na súa III edición
O festival que xurdiu en plena pandemia xa é unha das citas máis importantes na programación cultural do Rosal
Infogauda / O Rosal
Ao
longo deste mes de agosto, a música de cámara volverá ecoar en cada recuncho do
Rosal. Concello e Agrupación Musical do Rosal presentaron a III edición de ‘O
Rosal Cámara Fest’, un festival que naceu na época das restriccións de aforo como
unha adaptación do festival de Músicos Xoves e que este ano reafírmase como
evento cultural de referencia con concertos nas parroquias do municipio, apoio
ao comercio e visitas guiadas pola contorna.
O
Rosal Cámara Fest comeza o venres 5 co concerto de Simant Dúo na Abadía das
Eiras (ou en caso de choiva realizarase no Auditorio Municipal). As e os
rosaleiros teremos o pracer de contar co trompetista Rubén Simeó e mailo
pianista Morant, que se atopan inmersos nunha xira europea e que ofrecerán, sen
dúbida algunha, un concerto para o recordo. As entradas pódense adquirir, por
un módico prezo de 6€, premendo na seguinte ligazón.
A
presente edición mantén as rutas guiadas antes dos concertos e, como novidade,
inclúe unha “experiencia apícola”: os días 17 e 21, en horario de mañá, a
veciñanza terá a oportunidade de coñecer de preto as instalacións e o proceso
de elaboración do mel cunha visita guiada a Mel Niño do Corvo.
Este
festival tamén busca apoiar ao comercio local. Durante os concertos sortearanse
vales de compra nos comercios da Asociación de Comerciantes do Rosal.
Dende
o Concello, a alcaldesa Ánxela Fernández Callís agradece “o labor
imprescindíbel da Agrupación Musical do Rosal para organizar este festival” e
convida “a todas e todos os veciños do Rosal a aproveitar ao máximo a
oportunidade que brinda o festival de mesturar música e patrimonio: o formato
de O Rosal Cámara Fest é propicio para que as e os rosaleiros poidamos valorar
e sintamos orgullo dos nosos espazos”.
Programa
Venres 5 – 22 h – Abadía das Eiras
Simant
Dúo
Luns 8 – 21 h – Adega Lagar de Cervera - Fornelos
Ensemble
de Clarinetes Klason
Mércores 10 – 21 h – Praza de Novás
Banda
da Escola de Música
Mércores 17 – 21 h – Praza de Maio - Tabagón
Big
Band AMDOR
Sábado 20 – 20.30 h – Colexio da Mata
XXXI
Festival de Músicos Xoves
Banda
de Música Popular de Rubiós
Unión
Musical de Valladares
Agrupación
Musical do Rosal
Domingo 21 – 20 h – Igrexa de Sta. Mariña
XXXI
Festival de Músicos Xoves
Coral
Polif. San Mamede (Zamáns)
Coro
Diapasón (Ferrol)
Coral
da Agrupación Musical do Rosal
Luns 22 – 20 h – Igrexa de S.Miguel
Dúo
Lugares Comunes
Quinteto
de vento “Suso González”
Martes 23 – 20.30 h – Igrexa de Sta. Mariña
Concerto
de solistas AMDOR
Ningún comentario:
Publicar un comentario