CAMIÑADA RUIDOSA EN GOIÁN, DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO
Con ese acto seguen a reivindicar a reapertura do Consultorio de Goián, pechado dende marzo de 2020
Infogauda / Goián
Para celebrar o seu primeiro aniversario a Plataforma en defensa da sanidade pública de Tomiño convocou a veciñanza a unha marcha ruidosa polas céntricas rúas de Goián, que tivo lugar ao mediodía de onte sábado en Goián. Con este acto seguen a reivindicar a reapertura do Consultorio de Goián, pechado dende marzo de 2020.
Na camiñada oíronse asubios, caixas, cunchas, aixadas, tixolas,..., en sinal de protesta pola precaria situación da atención primaria.
Ao remate da mesma foi lido un manifesto onde se deu conta de todas as actuacións da devandita Plataforma levadas a cabo ao longo dos primeiros doce meses da súa activa existencia,: dende as diversas concentracións e marchas feitas; recollida de mais de 3.000 sinaturas presentadas na consellería de Sanidade, reclamando solución as eivas da atención primaria no Concello; asistencia a diversas manifestacións convocadas na nosa comarca, e nas comarcas limítrofes; roldas de prensa e reunións en Xerencia do Sergas da área sanitaria de Vigo, etc..
A Plataforma está moi orgullosa do traballo feito pero é consciente de que a loita debe continuar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario